Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Martes, 10 de outubro de 1995 Páx. 7.540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 1995 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a redacción do plan director/anteproxecto e colaborar na redacción do programa funcional da remodelación do Hospital Cristal Piñor de Ourense.

1. Servicio que se adxudica o contrato: Servicio Galego de Saúde, Dirección Xeral de Recursos Económicos, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, Santiago de Compostela, C.P. 15704. Teléfono (981) 54 27 69, fax (981) 54 27 62.

2. Modalidade de adxudicación elixida: concurso por procedemento aberto.

3. Natureza e extensión das prestacións, características xerais do proxecto: redacción do plan director/anteproxecto e colaborar na elaboración do programa funcional.

Orzamento total: trinta e tres millóns setecentas vintecatro mil catrocentas dezaseis pesetas (33.724.416 ptas.), IVE engadido.

4. Prazo de execución eventualmente estipulado: 3 meses.

5. A) Obtención do prego de condicións e dos documentos complementarios: Servicio Galego de Saúde, Dirección Xeral de Recursos Económicos, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, Santiago de Compostela, C.P. 15704, teléfono (981) 54 27 69, fax (981) 54 27 62.

B) Data límite para solicita-los documentos: 2-11-1995.

6. A) Data límite de recepción das ofertas: 9-11-1995.

B) Dirección á que deben remitirse: Servicio Galego de Saúde, Dirección Xeral de Recursos Económicos, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, Santiago de Compostela, C.P. 15704, teléfono (981) 54 27 69, fax (981) 54 27 62. Referencia plan director/anteproxecto da remodelación do Hospital Cristal Piñor de Ourense.

C) Idioma no que debe redactarse: castelán ou galego.

7. A) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: acto público.

B) Data, hora e lugar da dita apertura: 20-11-1995, ás 10 horas no Servicio Galego de Saúde, Dirección Xeral de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º, Santiago de Compostela.

8. Fianzas e garantías esixidas: non se esixen.

9. Modalidades esenciais de financiación e de pagamento: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Anualidades: 1995, 6.744.844 pesetas. 1996, 26.979.532 pesetas.

10. Forma xurídica que deberá asumi-la agrupación de contratistas a quen se adxudique o contrato: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Condicións mínimas de carácter económico e técnico que debe satisface-lo contratista: clasificación outorgada pola XCCA do Ministerio de Facenda (só persoas xurídicas).

Grupo II, subgrupo 4, categoría d. Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador queda vinculado á súa oferta: 3 meses desde a apertura de proposicións.

13. Criterios que serán empregados para adxudica-lo contrato: véxase prego de condicións.

14. Outras informacións: véxase punto 1.

15. Data de envío do anuncio á oficina das publicacións oficiais das Comunidades Europeas: 11-9-1995.

16. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución en prensa e nos boletín oficiais correrá a cargo do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 1995.

P.D. (Orde 7-5-1994)

Alberto Núñez Feijoo

Secretario xeral do Servicio Galego de Saúde

6488