Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 11 de outubro de 1995 Páx. 7.574

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 1995 pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal da Xunta de Galicia.

En execución dos plans de formación continua aprobados pola Comisión Xeral para a formación continua para 1995, anúnciase a celebración dos cursos que figuran no anexo I, que deberán desenvovlerse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presentar, cuberta en tódolos epígrafes que lles corresponda, a instancia e currículum segundo o modelo anexo II.

2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso e á imposibilidade de participar en ningún outro curso neste ano.

3. O prazo de presentación de instancias será o que se sinala para cada curso no anexo I.

4. A dita documentación dirixirase á EGAP, rúa de Madrid, nº 2-4 (Polígono de Fontiñas), 15703 Santiago de Compostela, e presentarase no rexistro da EGAP ou no das delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Segunda.-Acceso ás actividades.

1. Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada curso. Nos cursos que se celebran fóra de Santiago de Compostela terá preferencia o persoal dos servicios provinciais respectivos.

2. A lista dos seleccionados publicarase no taboleiro de anuncios da EGAP, e nos das delegacións provinciais desta consellería, sen perxuízo de llelo comunicar directamente para que poidan obte-lo permiso de asistencia.

Terceira.-Certificación de participación.

1. É obrigatoria a asistencia a tódalas sesións dos cursos. Toda inasistencia a clase deberá ser xustificada debidamente polo interesado, sen sobrepasa-lo 15% das horas lectivas programadas para o curso; unha inasistencia superior ó 15%, aínda que sexa xustificada, impedirá a expedición do certificado.

2. Para coñecemento e constancia no seu expediente, o interesado deberá facilitarlles unha copia ós servicios de persoal do seu centro directivo.

Cuarta.-Modificacións.

1. A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e mailos contidos dos cursos anunciados para adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 1995.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Cursos: perfeccionamento do persoal usuario do sistema de xestión de procedementos administrativos (S.X.P.A.).

Unha das activacións principais da reforma administrativa da Xunta de Galicia foi o establecemento do sistema de xestión de procedementos administrativos (S.X.P.A.) que consistiu en dotar a tódolos servicios administrativos da mesma dunha plataforma informática global para a xestión, seguimento e información de tódolos procedementos administrativos a instancias de parte.

Esta operación está supoñendo un importante cambio cualitativo nos métodos de traballo do persoal usuario do sistema que demanda un especial esforzo de formación permanente dirixido a el.

Como consecuencia e dentro do plan de formación continua para 1995, a través desta fase da formación deste persoal á que seguirán sucesivas convocatorias ata conseguir que todo este persoal reciba a adecuada formación para o desempeño da súa función.

1. Obxectivos.

Mellorar, desde unha perspectiva eminentemente práctica, o coñecemento técnico e funcional do S.X.P.A. por parte dos seus usuarios finais encargados da tramitación dos procedementos administrativos incluídos no mesmo, de xeito que este persoal coñeza con detalle as posibilidades do sistema, novas funcionalidades desenvolvidas e as melloras introducidas nas xa existentes.

2. Destinatarios.

Persoal ó servicio da Xunta de Galicia que, a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes para a admisión ós correspondentes cursos, sexa usuario encargado da tramitación e procedementos administrativos incluídos no sistema de xestión de procedementos administrativos (S.X.P.A.). Esta condición acreditarase mediante certificación expedida conforme ó modelo oficial contido no anexo III da presente resolución. Esta certificación deberá ser expedida, cando se trate dos servicios centrais, polo inspector de servicios correspondente co visto e prace do secretario xeral da consellería de que se trate, e cando se trate dos servicios provinciais, polo xefe do Servicio Provincial de Coordinación Administrativa, co visto e prace do delegado/director provincial/territorial da consellería da que se trate.

O persoal destinatario dos cursos poderá te-la condición de funcionario, interino, contratado administrativo ou laboral, de calquera grupo ou categoría.

En todo caso, terá preferencia o persoal que esté a ocupar o posto de traballo con carácter definitivo, circunstancia que deberá ser certificada segundo o

modelo oficial contido no anexo IV desta resolución polo responsable de persoal do que dependa o solicitante.

As datas de referencia para efectos do cómputo do tempo serán as que figuren nas dilixencias de toma de posesión e cesamento.

3. Criterios de selección.

A selección de aspirantes farase co arreglo ós seguintes criterios:

3.1. As prazas que se ofertan en cada localidade adxudicaranse con carácter prioritario ós aspirantes que teñan o seu posto de traballo situado no ámbito territorial provincial ou de servicios centrais correspondente.

3.2. No suposto de que, para cada localidade na que se van a celebrar cursos se presente un número de aspirantes superior ó das prazas ofertadas na mesma, a selección farase tendo en conta, ademais do criterio anterior, o do número de procedementos, o número de expedientes existentes de cada un deles, e a complexidade dos trámites nos que o aspirante interveña.

4. Comisión de selección.

A relación de aspirantes, conforme os anteriores criterios, será efectuada polas seguintes comisións:

a) Servicios centrais.

A comisión está composta por:

Presidente: o inspector xeral de servicios.

Vocais:

-Un inspector de servicios que ademais actuará como secretario de comisión.

-Un representante da Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos.

-Un representante das organizacións sindicais presentes na Comisión de Formación Continua da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Servicios provinciais.

A comisión está composta por:

Presidente: o delegado provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Vocais:

-O xefe do Servicio Provincial de Coordinación da Reforma Administrativa que ademáis actuará como secretario da comisión.

-Un representante da Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos.

-Un representante das organizacións sindicais presentes na Comisión de Formación Continua da Comunidade Autónoma de Galicia.

5. Desenvolvemento.

5.1. Duración: 10 horas.

5.2. Horarios: 16.30 a 18.30 horas.

5.3. Prazas: 20.

5.4. Fin do prazo de presentación de instancias: 27-10-1995.

5.5. Localidades e datas de celebración do curso.

LocalidadeNº de

curso

Data de celebración

Santiago6 ó 10 de novembro de 1995
Santiago13 ó 17 de novembro de 1995
Santiago20 ó 24 de novembro de 1995
Santiago27 ó 30 de novembro e

1 de decembro de 1995

Santiago11 ó 15 de decembro de 1995
Santiago18 ó 22 de decembro de 1995
A Coruña6 ó 10 de novembro de 1995
A Coruña13 ó 17 de novembro de 1995
A Coruña20 ó 24 de novembro de 1995
A Coruña10º27 ó 30 de novembro e

1 de decembro de 1995

A Coruña11º11 ó 15 de decembro de 1995
A Coruña12º18 ó 22 de decembro de 1995
Lugo13º6 ó 10 de novembro de 1995
Lugo14º13 ó 17 de novembro de 1995
Lugo15º20 ó 24 de novembro de 1995
Ourense16º13 ó 17 de novembro de 1995
Ourense17º20 ó 24 de novembro de 1995
Ourense18º27 ó 30 de novembro e

1 de decembro de 1995

Pontevedra19º13 ó 17 de novembro de 1995
Pontevedra20º20 ó 24 de novembro de 1995
Pontevedra21º27 ó 30 de novembro e

1 de decembro de 1995

Pontevedra22º11 ó 15 de decembro de 1995

6. Contido básico.

O S.X.P.A. no proceso da reforma administrativa da Xunta de Galicia. Alcance do sistema e ámbito de actuación. Estructura técnica e funcional do S.X.P.A. Módulo de rexistro. Módulo de tramitación. Módulo de administración. Módulo de información de seguemento. Módulo de seguridade.

7. Coordenación dos cursos.

Os cursos que se celebren no ámbito das correspondentes delegacións/direccións provinciais/territoriais serán coordenados polos respectivos xefes dos servicios provinciais de coordenación da reforma administrativa das delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Polo que respecta ós cursos que se celebren no ámbito do servicios centrais a súa coordinación corresponderalle á Inspección Xeral de Servicios.

9506539