Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 11 de outubro de 1995 Páx. 7.579

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 1995, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Cambeses e Pontevedra, con anexos: V-0387; XG-020.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, o 14 de xuño de 1995, resolveu outorgar, con carácter definitivo á empresa Autocares Manuel García Castro, S.L. a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Cambeses e Pontevedra, con anexos: V-0387; XG-020, por substitución da concesión entre Augasantas e Pontevedra, con prolongación e anexos, V-0387; XG-020, de acordo, entre outras, coas seguintes condicións particulares:

1. Itinerarios e puntos de parada.

* Cambeses, Covelo, Escuadra, Verdugo, Augasantas, Valongo, Famelga, Loureiro, Carballedo, Lagoa, Borela (Cruce), Xesteira, Vilanova, Bora, Morente e Pontevedra.

* Carballedo, Pazos, Corredoira e Caroi.

* Carballedo, Paraños, Trabazo e Pazos.

* Augasantas e Pontecaldelas.

2. Expedicións.

-Augasantas-Pontevedra (28 km).

* Dúas expedicións de ida e volta os martes, mércores e xoves laborables.

* Unha expedición de ida e volta os luns, venres, e sábados laborables.

* Unha expedición de ida e volta os domingos e festivos.

-Caroi-Pontevedra (34,6 km).

* Unha expedición de ida e volta os días laborables.

-Carballedo-Augasantas (8 km).

*Unha expedieción de ida os días laborables.

-Cambeses-Pontevedra (40 km).

* Unha expedición de ida e volta os luns, venres e sábados e os días 1 e 15 de cada mes.

-Carballedo-Pontecaledelas (15 km).

* Unha expedición de ida e volta os días 5 e 20 de cada mes.

-Augasantas-Pontevedra por Carballedo e Pazos (35,2 km).

* Unha expedición de ida e volta os domingos e festivos.

3. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 9,2119 pesetas.

-Tarifa usuario: 9,7646 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos: 1,3817 pesetas.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 1995.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

95-6387