Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 11 de outubro de 1995 Páx. 7.580

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 1995, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública a solicitude de concesión administrativa para a subministración de gas propano comercial no termo municipal da Rúa (Ourense).

Para os efectos previstos no artigo 7 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos e no artigo 11 do Regulamento xeral do Servicio Público de Gases Combustibles, aprobado polo Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, sométese a información pública o seguinte proxecto de concesión administrativa:

Peticionario: Repsol Butano, S.A., con enderezo en Madrid, Arcipreste de Hita nº 10.

Obxecto da petición: concesión administrativa para o desenvolvemento da actividade do servicio público de gas propano comercial no termo municipal da Rúa, mediante a instalación dun centro de almacenamento e distribución de gas propano comercial.

Instalacións básicas:

-Estación de G.L.P., cunha capacidade de almacenamento de 237 m.

-A rede de distribución, deseñada para a súa intercambiabilidade co gas natural, partirá da estación de

almacenamento e discorrerá ó longo das rúas principais, das que derivarán as arterias que levarán o gas a cada unha das zonas da localidade.

Orzamento: cento cincuenta e oito millóns de pesetas (158.000.000 de ptas).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presenta-las súas alegacións, nun prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio, na Dirección Xeral de Industria, edificios de San Caetano, en Santiago de Compostela, e na Delegación Provincial desta consellería en Ourense, onde poden examina-lo proxecto.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 1995.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

95-6542