Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 11 de outubro de 1995 Páx. 7.588

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOECHE

EDICTO.

O Pleno do Concello en sesión con data 16 de agosto de 1995, adoptou o acordo de aproba-la ampliación do prazo de exposición pública do documento de revisión das normas subsidiarias de planeamento deste concello aprobado inicialmente polo Pleno do Concello

en sesión con data 26 de maio de 1995, polo prazo de un mes.

Polo presente edicto faise público que o expediente se someta a información pública na secretaría do concello, polo prazo de un mes, mediante anuncio que se inserirá no BOP, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello, e anunciarase ademais nun dos xornais de maior circulación da provincia, para os efectos de que poida ser examinado polos interesados e se presenten dentro do mesmo prazo as alegacións pertinentes, prazo que comezará a contar a partir do día seguinte ó da derradeira publicación.

Moeche, 20 de setembro de 1995.

Xulio Cribeiro García

Alcalde

95-6529