Obxecto: adquisición dunha nave desmontable para lonxa provisional de venda de peixe en Cabo de Cruz.
Prazo de execución: un (1) mes.
Orzamento: 6.318.570 ptas.
Documentación de interese para os licitadores: a documentación poderá solicitarse na Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras (rúa de Sar, nº 75, Santiago de Compostela), ou en calquera das delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, nos días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións.
Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do RXCE. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do primeiro día hábil no que se cumpran trece días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado, o prazo entenderase prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.
Apertura de proposicións: en acto público ás 11 horas do primeiro día hábil no que se cumpran cinco días naturais, contados desde a data seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir en sábado, a apertura será ó día seguinte hábil.
Documentos que deben presenta-los licitadores: serán os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.
O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario que o deberá aboar con antelación á sinatura do contrato.
Santiago de Compostela, 5 de outubro de 1995.
Samuel Juárez Casado
Director xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras
6066