Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, o 18 de xullo de 1995, o proxecto de urbanización na rúa das Escaleiras entre Tomas A. Alonso e San Gregorio (3904/401), redactado polo arquitecto Luis Sarasquete Otero, con visados do COAG do 29 de decembro de 1994 e 30 de maio de 1995; sométese a información pública polo prazo de quince días hábiles con anuncios no Diario Oficial de Galicia, BOP, Faro de Vigo e taboleiro de anuncios da Casa do Concello, con notificación individuais.
O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días, contados desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.
De non presentarse alegacións durante a exposición pública, o proxecto, automaticamente, considerarase aprobado definitivamente.
O que se fai público para xeral coñecemento, significando que a documentación se atopa na Oficina Municipal de Información para exame e alegacións.
Vigo, 21 de setembro de 1995.
Manuel Pérez Alvarez
Alcalde
6559