Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 16 de outubro de 1995 Páx. 7.631

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 4 de outubro de 1995 pola que se delega no secretario xeral para o Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos e dependencias auxiliares das axencias de viaxes xa autorizadas.

Delegada a competencia para a concesión do título licencia de axencias de viaxes no secretario xeral para o turismo, mediante a Orde do 21 de setembro de 1995, publicada no Diario Oficial de Galicia número 184, do 25 do mesmo mes, procede agora, para unha maior axilización administrativa, completa-lo campo ó que pode estenderse a figura da delegación considerada na lexislación vixente, efectuando a correspondente ás autorizacións de sucursais, establecementos ou dependencias auxiliares dependentes das axencias de viaxes, ás que fai referencia o artigo 10 do Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

En consecuencia, facendo uso das facultades que me confiren os artigos 43.3º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurí

dico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais disposicións de xeral aplicación,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Delégase no secretario xeral para o turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos e dependencias auxiliares dependentes das axencias de viaxe xa autorizadas.

Artigo 2º

As resolucións administrativas que se adopten facendo uso da delegación conferida por esta orde farán constar expresamente esta circunstancia e consideraranse dictadas pola autoridade delegante.

Artigo 3º

En calquera momento, o conselleiro poderá reclama-lo exercicio da competencia que se delega pola presente orde, da que quedan excluídos, en todo caso, os supostos previstos no artigo 13.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 42.2º da Lei 1/1983, do 22 de feberiro, reguladora da Xunta e do seu presidente.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ó establecido na presente orde.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

6599