O Consello da Xunta de Galicia por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, na súa reunión do día vintenove de setembro de mil novecentos noventa e cinco, adoptou un acordo polo que se lle outorga a Radio Popular, S.A. (Cope), a concesión definitiva para o funcionamento dunha emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia en Verín (Ourense).
En cumprimento do establecido no artigo 10, parágrafo primeiro, do Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, polo que se regula o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, faise pública a citada concesión definitiva.
Santiago de Compostela, 3 de outubro de 1995.
Dositeo Rodríguez Rodríguez
Conselleiro da Presidencia e Administración Pública
Acordo do 29 de setembro de 1995, do Consello da Xunta de Galicia, polo que se lle outorga a Radio Popular, S.A. (Cope), a concesión definitiva para o funcionamento dunha emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia en Verín (Ourense).
José Andrés Hernández Vicente, en representación de Radio Popular, S.A. (Cope), solicitou a concesión dunha emisora comercial en ondas métricas con modulación de frecuencia en Verín (Ourense), ó amparo do Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, e a Orde do 24 de xullo de 1992 da Consellería da Presidencia e Administración Pública.
Por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de novembro de 1992, adxudicouse con carácter provisional a Radio Popular, S.A. (Cope) unha emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia en Verín (Ourense).
Aprobado pola Dirección Xeral de Telecomunicacións do Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente o correspondente proxecto técnico, así como a acta de conformidade final das instalacións
e tendo en conta o informe da Secretaría Xeral de Comunicación, por proposta da Consellería da Presidencia e Administración Pública, o Consello da Xunta de Galicia,
ACORDOU:
Primeiro.-Outorgarlle a Radio Popular, S.A. (Cope) a concesión definitiva para o funcionamento dunha emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia en Verín (Ourense), con suxeición ás normas contidas na Lei 31/1987, do 18 de decembro, no Real decreto 169/1989, do 10 de febreiro, no Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, polo que se regula o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia e a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 24 de xullo de 1992, e demais normativa aplicable.
Segundo.-As características técnicas que se lle asignan á mencionada emisora son as seguintes:
-Coordenadas: 41º 56' 56'' N.
07º 26' 48'' W.
-Cota (m): 480.
-Denominación da emisión: 256KF8EHF.
-Frecuencia (MHz): 91,6.
-Potencia radiada aparente máxima (w): 1.200.
-Potencia máxima nominal do equipo transmisor (w): 500.
-Potencia de saída autorizada do equipo transmisor (w): 402.
Sistema radiante: 4 Dipolos. Omnidireccional.
-Altura sobre o solo do centro eléctrico da antena (m): 24.
-Altura do mastro (m): 30.
-Altura efectiva máxima (m): 128.
-Polarización: vertical.
A frecuencia asignada queda condicionada, se é o caso, ó trámite da coordenación internacional.
9506734