III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
CORRECCIÓN de erros.-Orde do 6 de outubro de 1995 pola que se convocan axudas económicas para a realización de prácticas en empresas, para alumnos/as que cursan ensinanzas de formación profesional de segundo grao, módulos, ciclos formativos e ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos.
Advertido erro no anexo da devandita orde, publicada no DOG nº 207, do venres 27 de outubro de 1995, cómpre face-la oportuna corrección:
Na páxina 7.942, onde di: «...establecidos na Orde do 28 de setembro de 1992. En consecuencia informa favorablemente...», debe dicir: «establecidos na Orde do 6 de outubro de 1995. En consecuencia informa favorablemente...».
9506903