Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 07 de novembro de 1995 Páx. 8.168

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 20 de outubro de 1995 pola que se recoñece con carácter provisional a denominación de orixe Queixo Arzúa-Ulloa, e se nomea o seu consello regulador provisional.

Por Orde do 23 de febreiro de 1989 recoñeceuse a denominación producto galego de calidade para o queixo de Arzúa.

A actual evolución da producción do queixo na área xeográfica da mencionada denominación, xunto á evolución da producción de queixo e o grao de organización alcanzado polos productores de leite e elaboradores de queixo na comarca de Ulloa, e dado de que se trata dun queixo que ten idénticas características e que as dúas comarcas están integradas na área xeográfica de elaboración do queixo tradicional galego chamado Ulla, Ulloa, País, etc., fai aconsellable a integración dos queixos producidos en ámbalas dúas comarcas nunha soa denominación.

En consecuencia, de conformidade co artigo 30.1.3º e 4º, do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Recoñécese a denominación de orixe Queixo Arzúa-Ulloa para os queixos elaborados nas

comarcas galegas de Ulloa e Arzúa e áreas limítrofes, con leite de vaca, que reúnan as características tradicionais dos queixos galegos coñecidos cos nomes de Ulla, Ulloa, Chantada, de Lugo ou País, nas condicións que determine o seu regulamento particular.

Artigo 2º.-Noméase un consello regulador con carácter provisional que, por proposta dos sectores interesados queda formado polos membros seguintes:

Presidente: Joaquín López Ares.

Vicepresidente: José Luís Carrera Valín

Vocais:

Sector productor.

Titulares:

Gonzalo Pereiro Sande

Antonio Ferreiro Ferreiro

Celia Sánchez Sánchez

José Varela Segade

Carlos Barral Camba

Suplentes:

Ángel Rivas Lama

Carlos Ciel González

Vicente López Ares

Andrés Suárez Mirás

Rafael Taboada Codesido

Sector elaborador.

Titulares:

Carlos Canedo Villar

Fernando Docampo Freire

Germán Ansotegui Sainz

Francisco Gay Blanco

Benigno Pereira Ramos

Suplentes:

Salvador Carreira Gómez

Luís García Martínez

Jacobo Sánchez Ares

Jesús Sánchez Millares

Luís Lamas Costa

Artigo 3º.-Encoméndaselle ó consello regulador provisional a redacción do regulamento particular da denominación, que elevará á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a súa aprobación.

Artigo 4º.-O consello regulador provisional elaborará os censos de productores de leite e elaboradores de queixo, integrando nos novos rexistros os inscritos na denominación producto galego de calidade Queixo de Arzúa.

Artigo 5º.-A indicación denominación de orixe queixo Arzúa-Ulloa non poderá ser mencionada nas etiquetas, documentación e publicidade destes queixos ata que o seu regulamento sexa aprobado pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Disposición transitoria

Única.-Durante a fase provisional de funcionamento da denominación de orixe queixo Arzúa-Ulloa, os ins

critos nos rexistros do producto galego de calidade queixo Arzúa, poderán seguir utilizando os nomes e símbolos da mencionada denominación nas condicións que sinala o seu regulamento. A súa ordenación susbtantiva adecuarase ás obrigacións das ordes do 23 de febreiro de 1989, e 11 de xaneiro de 1990, desta consellería, mentras non sexan substituídas definitivamente polo regulamento citado no artigo 3º.

Disposición derrogatoria

Única.-Quedan derrogadas cantas normas de igual ou inferior rango se opoñan á presente orde.

Disposicións finais

Primeira.-A presente orde entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no DOG.

Segunda.-Facúltase o director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias para dicta-las normas precisas para o desenvolvemento do establecido na presente orde.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 1995.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Ganderia e Montes

95-06620