Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 07 de novembro de 1995 Páx. 8.173

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (483/1994).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela.

Certifico: que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís, consta a recaída nos autos de xuízo verbal de desafiuzamento número 483/1994, da cal o encabezamento e parte dispositiva son do seguinte teor literal:

Sentencia: na cidade de Santiago de Compostela o trece de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz de primeira instancia núm. dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, viu os presentes autos de xuizo verbal de desafiuzamento por falta de pagamento, seguidos neste xulgado co número 483/1994, por instancia da Caixa de Aforros de Pontevedra, representada polo procurador García-Piccoli Atanes, contra Instituto Motis S.L., con enderezo na avenida de Lugo nº 16-18, semisoto, Santiago de Compostela.

Decido: que admitindo a demanda interposta polo procurador García-Piccoli Atanes, no nome e representación da Caixa de Aforros de Pontevedra contra o Instituto Motis S.L., debo declarar e declaro ter lugar o desafiuzamento do local de negocio sito no semisoto da casa número 16-18 da avenida de Lugo de Santiago de Compostela, condenando ó demandado citado a que o deixe libre e ó dispor da parte demandante dentro do termo legal, co apercibimento de lanzamento se non o efectuase voluntariamente, con imposición das custas causadas.

Advírtaselles ás partes que esta sentencia non é firme e contra dela pódese intepoñer recurso de apelación ante este xulgado, por escrito, no prazo de tres días contados desde a notificación.

A sentencia preinserida foi publicada o mesmo día da data polo maxistrado xuíz que a subscribe; e para que conste e lle serva de notificación en forma á demandada, Instituto Motis, S.L., co último enderezo coñecido en Avda. de Lugo 16-18 semisoto, Santiago de Compostela, e actualmente en paradoiro descoñecido, expido e asino a presente cédula, en Santiago de Compostela o vintecatro de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

7202