Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 07 de novembro de 1995 Páx. 8.176

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 199/1994 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Gravas y Áridos de Xinzo, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio final da L.M.T. que alimenta ó C.T. da canteira de David Fernández Grande, S.A. ata o C.T. propiedade da empresa Gravas y Áridos de Xinzo, S.A., en Confurco-Xinzo, concello de Ponteareas.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 494 m de lonxitude, con conductor LA-30, sobre apoios de formigón.

Orzamento: 1.328.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 18 de maio de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-6823