Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 07 de novembro de 1995 Páx. 8.178

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e polo trámite de urxencia, para a licitación das obras de execución da construcción do edificio para sede do Xulgado de Ortigueira (A Coruña).

Obxecto do contrato: execución da construcción do edificio para sede do Xulgado de Ortigueira (A Coruña).

Orzamento: 87.287.027 de pesetas, IVE engadido.

Anualidades previstas:

1995: 30.287.027 ptas

1996: 57.000.000 de ptas

Prazo de execución: 12 meses.

Forma de adxudicación: procedemento aberto, mediante concurso público polo trámite de urxencia.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas e o proxecto estarán á disposición dos interesados na Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Control Presupostario), os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación das proposicións, sita no complexo administrativo de San Caetano, edificio nº 5, 3º andar, Santiago de Compostela, teléfono (981) 54 45 17.

Fianza provisional: 1.745.741 ptas.

Fianza definitiva: 3.491.481 ptas.

Clasificación que se esixe: grupo C, subgrupo C2, categoría d).

Modelo de proposición: a proposición económica axustarase estrictamente ó modelo que se xunta no anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo e lugar para a presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobres pechados, lacrados e asinados no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sito no complexo administrativo de San Caetano, edificio nº 5, 3º andar, Santiago de Compostela, antes das catorce horas (14) do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sita no complexo administrativo de San Caetano, edificio nº 5, 3º andar, Santiago de Compostela, ás trece (13) horas do cuarto día natural contado desde o seguinte a aquel no que se remate o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: deberán achega-los documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento de anuncios do presente concurso será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 1995.

(P.D. orde do 13-12-1993)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral

95-07063