Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 08 de novembro de 1995 Páx. 8.230

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCION do 2 de novembro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público e trámite de urxencia, para a informatización das fiscalías de Lugo e Ourense.

Obxecto do contrato: informatización das fiscalías de Lugo e Ourense.

Orzamento: 17.000.000 de pesetas, IVE engadido.

Prazo de execución: 15 días a partir da adxudicación.

Forma de adxudicación: procedemento aberto, mediante concurso público e polo trámite de urxencia.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas e demais documentación complementaria estarán á disposición dos interesados na Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación das proposicións, sita no complexo administrativo de San Caetano, edificio nº5, 3ª planta, Santiago de Compostela, teléfono (981) 54 45 17.

Fianza provisional: 340.000 ptas.

Fianza definitiva: 680.000 ptas.

Modelo de proposición: a proposición económica axustarase estrictamente ó modelo que se xunta ó anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo e lugar para a presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobres pechados, lacrados e asinados no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sito no complexo administrativo da San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta, Santiago de Compostela, antes das catorce horas (14) do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sita no complexo administrativo de San Caetano, edificio nº 5, 3º andar, Santiago de Compostela, ás doce (12) horas do cuarto día natural contado desde o seguinte a aquel no que se remate o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: deberán achega-los documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento de anuncios do presente concurso será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e relacións Laborais

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273

AVISO PARA OS ANUNCIANTES

PREZOS PARA A PUBLICACIÓN DE ANUNCIOS

NO DOG A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1995

(Decreto 335/1994, do 3 de novembro,

DOG do 10 do mesmo mes)

-Tramitación ordinaria: 300 pesetas/liña de 54 espacios.

-Tramitación urxente: 600 pesetas/liña de 54 espacios.