Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 09 de novembro de 1995 Páx. 8.254

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 118-1/1995).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. e C.T. en urbanización Las Palomas.

Situación: Cacheiras-Teo (A Coruña).

Características técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV de 415 m de lonxitude, que parte da L.M.T. Cacheiras-Solláns (Expte. 51.653) e remata no C.T. que se vai construír na urbanización Las Palomas de 250 kVA, a 20 kV/B-2. Teo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 9 de outubro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-7013