Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Anguieiro.
Situación: Boimorto (A Coruña).
Características técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 196 m de lonxitude, en LA-56. que parte do apoio nº 17 da L.M.T. Boimil-Cazallas (Expte. 50826) e remata no C.T. que se vai construír de 50 kVA tipo áereo en Anguieiro e o seu acoplamento á R.B.T. Boimorto.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 10 de outubro de 1995.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
9507144

