Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 09 de novembro de 1995 Páx. 8.259

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

EDICTO (oferta de emprego público).

Aprobada a oferta de emprego público para 1995 polo Pleno do Concello , na que se inclúen dúas prazas de policías locais, fanse públicas as bases que rexerán a oposición, e que foron aprobadas pola corporación na sesión de data do 27 de setembro de 1995.

1.-Obxecto da convocatoria

É obxecto da presente convocatoria a provisión, polo procedemento de oposición libre, de dúas prazas de policía local incluídas na oferta de emprego público para 1995, e encadradas na escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase policía local e categoría policía local, dotada coas retribucións e emolumentos acordados por esta corporación e concretados na corresponente relación orzamentaria.

A idade de xubilación será ós 65 anos.

Esta convocatoria adáptase á normativa da Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais, e da Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade e o Decreto 121/1995, do 20 de abril, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Os aspirantes propostos, por superaren as probas selectivas e logo de cumpriren os requisitos formais establecidos nestas convocatorias, serán nomeados funcionarios en prácticas e para efectua-lo seu nomeamento como policías locais en propiedade, será requisito indispensable a superación dun curso selectivo de formación teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade.

2.-Condicións dos aspirantes

Para participar nas probas selectivas, os aspirantes deberán reuni-las seguintes condicións.

a) Ser español.

b) Ter cumpridos 18 anos de idade e non supera-la idade de 30 anos o día que remate o prazo de presentación de solucitudes.

c) Estar en posesión do título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.

d) Ter unha estatura mínima de 1,70 metros os aspirantes masculinos e de 1,65 as femininas.

e) Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o exercicio das funcións da policía local.

f) Non ter sido apartado, por medio de expediente disciplinario, do servicio do Estado, comunidades autónomas e Administración local, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

g) Estar en posesión dos permisos de conducir clase A-2, B-1 e B-2.

h) Acredita-la aptitude física mediante a presentación dun certificado médico no que se faga constar que o aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias necesarias e suficientes para a realización das probas físicas que figuran especificadas nesta convocatoria.

i) Compromiso de levar armas e, se fose o caso, de chegar a utilizalas, que se prestará mediante declaración xurada e por escrito.

Tódolos requisitos deberán ser referidos á data na que expire o prazo de presentación de solicitudes.

3.-Presentación de instancias

As instancias para tomar parte na oposición dirixiranse ó alcalde presidente da corporación, facendo constar que o solicitante reúne todos e cada un dos requisitos esixidos na base anterior, e presentaranse no prazo de vinte dias naturais a partir do seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado, sendo admitidas igualmente as presentadas con anterioridade ó prazo antes indicado, unha vez publicada a convocatoria no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

As instancias presentaranse directamente no rexistro xeral do concello ou a través do procedemento establecido na Ley 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ás instancias de solicitude para tomar parte na oposición uniráselle a seguinte documentación, de conformidade co Art. 24 da Lei 3/1992, do 23 de marzo:

a) Fotocopia do DNI.

b) Fotocopia dos permisos de conducir.

c) Certificado médico de aptitude física (letra h da base 2ª).

d) Compromiso de portar armas (letra i da base 2ª).

e) Xustificante de ter aboado os dereitos de exame, que se fixan en 2.500 pesetas.

4.-Admisión de aspirantes

Rematado o prazo de presentación de instancias, o presidente da corporación dictará resolución pola que se aprobará a lista provisional de admitidos e excluídos que se fará pública no taboleiro de anuncios do concello e no BOP, concedéndose un prazo de dez días para reclamacións.

De existiren reclamacións, serán resoltas polo órgano que aprobou a lista provisional, aprobándoas ou rexeitándoas, e aprobando a lista definitiva que será, así

mesmo, publicada na forma anteriormente indicada. Nesta mesma resolución incluirase a composición do tribunal que deberá de xulga-las probas, así como o lugar, a data e a hora do comezo dos exercicios.

5.-Tribunal cualificador

O tribunal que xulgará as probas de que conste a oposición constituirase de acordo, fundamentalmente, co Decreto 121/1995, do 20 de abril, da Consellería de Xustiza, Interior e Relación Laborais da Xunta de Galicia, compoñéndose do seguinte xeito:

Presidente: o alcalde presidente da corporación ou membro dela no que delegue.

Secretario: o da corporación ou funcionario dela no que delegue.

Vocais:

-Un representante da Xunta de Galicia, designado de acordo co Decreto 121/1995.

-Un representante da Xefatura Provincial de Tráfico.

-Un representante do profesorado oficial ou titulado superior.

A designación dos membros do tribunal incluirá a dos respectivos suplentes.

A composición do tribunal farase pública no BOP e contra os nomeados poderán os aspirantes facer uso do dereito de recusación cando concorran as circunstancias determinadas pola lei.

O tribunal non poderá constituirse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente. En todo caso, requirirase a asistencia do presidente e do secretario, titulares ou suplentes.

O tribunal resolverá tódalas dúbidas que xurdan na aplicación das presentes bases, así como os casos non previstos por elas.

Tamén poderá dispoñerse a incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes dos exercicios, que estimen pertinentes, limitándose os asesores a prestar a colaboración nas suas especialidades técnicas.

6.-Comezo e desenvolvemento dos exercicios

Os exercicios da oposición non poderán comezar ata transcorridos dous meses desde a data da publicación da presente convocatoria no BOP, anunciando quince días antes de comeza-lo primeiro exercicio no mesmo medio, o día, hora e local no que terá lugar. Este anuncio poderá substituirse pola citación persoal ós aspirantes debendo constar no expedientes a xustificación de teren recibido a notificación. A convocatoria para os seguintes exercicios efectuarase no taboleiro de anuncios da Casa do concello, debendo transcorrer, como mínimo, corenta e oito horas entre a celebración dun exercicio e o comezo do seguinte.

Os opositores serán convocados para cada exercicio en chamamento único, salvo casos de forza maior debidamente xustificada e apreciada libremente polo tri

bunal. Deberán acredita-la súa personalidade coa exhibición do DNI.

7.-Exercicios da oposición

A oposición comporase dos seguintes exercicios:

-Primeiro exercicio:

Antes de iniciarse este, procederase á medición dos aspirantes para comprobar que teñen a estatura mínima esixida. Así mesmo procederase a realiza-la proba psicotécnica que estará dirixida a determina-la aptitude psicolóxica e a adecuación á función policial a desempeñar. Esta proba cualificarase como apto ou non apto. A declaración de non apto nesta proba suporá que o aspirante quedará eliminado non podendo continuar coa práctica das restantes probas.

Este primeiro exercicio é de carácter obrigatorio e consistirá na realización das seguintes probas físicas:

a) Salto de altura con listón a 1,25 metros os aspirantes masculinos e a 1,10 metros os aspirantes femininos.

b) Salto de lonxitude con carreira, cun mínimo de 4 metros para os aspirantes masculinos e 3,50 para os aspirantes femininos.

c) Subir por corda lisa ata unha altura de 7 metros.

d) Carreira de 200 metros e nun tempo máximo de 30 segundos os aspirantes masculinos e de 34 segundos os femininos.

e) Carreira de 3.000 metros nun tempo máximo de 17 minutos os aspirantes masculinos e de 20 minutos os aspirantes femininos.

Para a realización das referidas probas, que se farán pola orde que resulte do sorteo que se efectúe e que se fará público no momento da convocatoria da práctica das probas, disporán os aspirantes de dous intentos, excepto nas dúas carreiras.

Para seren admitidos á realización deste exercicio os aspirantes deberán aportar coa solicitude para tomar parte na oposición un certificado médico acreditativo de que reúnen as condicións físicas necesarias. Así mesmo deberán ser declarados aptos na proba psicotécnica que se fará antes do comezo do exercicio.

-Segundo exercicio:

De carácter obrigatorio e escrito, estará dividido en tres partes da maneira seguinte:

1ª.-Consistirá en cubrir por escrito un cuestionario de 50 preguntas, con respostas alternativas, referentes ó contido do programa que figura como anexo desta convocatoria.

2ª.-Consistirá en cubrir un cuestionario de 30 preguntas con respostas alternativas sobre coñecementos xerais do termo municipal de Ames, e en especial xeografía, demografía, entidades, división eclesiástica, electoral, administrativa, urbanismo, ordenanzas, etc.

3ª.-Esta terceira parte consistirá na localización, sobre un mapa do termo municipal, sen indicativos, das entidades de poboación que fixe o tribunal.

Para superar este exercicio será preciso ter un mínimo do 60% de respostas correctas en cada unha das tres partes de maneira que se nalgunha das tres partes algún aspirante non acadase o 60% de respostas correctas no poderá ser considerado aprobado o exercicio.

-Terceiro exercicio:

De carácter obrigatorio e escrito consistirá na redacción dun parte a un superior sobre un suposto relacionado cos tarefas da policía local, que sinale o tribunal.

-Cuarto exercicio:

De carácter obrigatorio e escrito sobre coñecemento do idioma galego, consistente en traducir para galego un texto que facilitará o tribunal en castelán.

8.-Cualificación dos exercicios

A cualificación do primeiro exercicio será a de apto ou non apto, sendo preciso superar todas e cada unha das probas físicas. A cualificación de non apto en calquera das probas físicas elimina o opositor para continua-los exercicios sucesivos da oposición.

O segundo , terceiro e cuarto exercicios serán igualmente obrigatorios e serán cualificados ata un máximo de dez puntos, sendo eliminados os opositores que no acaden un mínimo de cinco puntos en cada un deles. Con respecto ó segundo exercicio terase en conta que para superalo é preciso ter un mínimo do 60% de respostas correctas en cada unha das partes de que consta.

Para a celebración dos exercicios segundo, terceiro e cuarto fíxase como tempo máximo 90 minutos para a súa resolución.

As cualificacións dos aspirantes aprobados en cada exercicio publicaranse no mesmo día no que se acorden no taboleiro de anuncios da corporación.

A cualificación derradeira e a orde de cualificación dos aspirantes aprobados virá dada polas sumas das puntuacións obtidas no conxunto das probas.

9.-Relación de aprobados, presentación de documentos e nomeamento

Rematada a cualificación dos aspirantes, o tribunal publicará a relación de aprobados, por orde de puntuación, que, de acordo con establecido na vixente lexislación, non poderá ser superior ó número de prazas convocadas, que neste caso é de dúas, e remitirá a proposta de nomeamento conxuntamente coa acta da última sesión o presidente da corporación o que lle compete facer o nomeamento correspondente.

No prazo de vinte días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación da lista de aprobados, estes deberán presentar no rexistro da corporación os seguintes documentos e que non aportara coa solicitude:

a) Copia autenticada do DNI.

b) Copia autenticada do certificado de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

c) Declaración xurada de non ter sido afastado mediante expediente disciplinario do servicio de ningunha Administración pública nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

d) Declaración xurada de non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade.

e) Certificación acreditativa de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal exercicio da función expedida pola Xefatura Provincial de Sanidade.

f) Fotocopia debidamente autenticada do permiso de conducir clases A-2, B-1 e B-2.

Os que tivesen a condición de funcionarios públicos estarán exentos de xustificaren as condicións e requisitos xa acreditados para obte-lo seu nomeamento anterior, debendo presentar unicamente certificado da Administración pública da que dependa, que acredite a súa condición e os documentos non aportados para o seu nomeamento anterior.

Cumpridos os requisitos anteriores, o presidente da corporación fará o nomeamento dos aspirantes propostos como policías locais en prácticas, debendo tomar posesión do cargo no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó que lle sexa notificado o nomeamento, quedando, noutro caso en situación de cesantes e anuladas tódalas actuacións, referentes os aspirantes que se atopen nesta situación.

10.-Incidencias

O tribunal queda facultado para resolve-las dúbidas que se presenten e toma-los acordos necesarios para a boa orde da oposición en tódolo non previsto nas bases.

11.-Base final

A presente convocatoria e tódolos actos administrativos que dela se deriven, poderán ser impugnados polos interesados na forma establecida na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

ANEXO

Programa do segundo exercicio

Tema 1. A Constitución epañola. Principios xerais.

Tema 2. Dereitos e deberes fundamentais dos españois.

Tema 3. A Coroa. O poder lexislativo.

Tema 4. O Goberno e a Administración pública.

Tema 5. Organización territorial do Estado, A Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 6. O municipio. Organos de goberno. Competencias. Bases do réxime electoral local.

Tema 7. Funcionarios: concepto e clases. Dereitos e deberes dos funcionarios. Dereitos económicos. Dereitos sindicais. Réxime disciplinario. Seguridade Social.

Tema 8. Delictos e faltas: concepto e clases. Penas. Competencias para o seu xulgamento e procedemento.

Tema 9. A seguridade ciudadá: idea xeral. Causas da delincuencia. A Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá.

Tema 10. A Lei orgánica 2/1986, do 13 de marzo, de forzas e corpos de seguridade do Estado.

Tema 11. A Lei 3/1992, do 23 de marzo, do Parlamento de Galicia sobre coordinación das policías Locais.

Tema 12. Real decreto lexislativo 339/1990, do 2 de marzo, texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial.

Tema 13. Código de Circulación. Concepto. Natureza. Fins e definicións.

Tema 14. Normas xerais de circulación. Detencións e estacionamentos. Carga e descarga. Sinalización.

Tema 15. Disposicións xerais sobre circulación. Sentido de circulación. Preferencia de paso. Circulación de peatóns, bicicletas e ciclomotores.

Tema 16. Circulación de automóbiles. Clasificación. Requisitos administrativos e técnicos. Servicio de viaxeiros. Circulación de tractores agrícolas.

Tema 17. Iluminación e sinalización de vehículos. Clasificación, descrición e utilización.

Tema 18. Permisos de conducción: concepto, clases e facultades que confiren.

Tema 19. Denuncias por infraccións en materia de circulación. Información e as súas clases. Procedemento sancionador: Iniciación, desenvolvemento, remate. Retirada de vehículos da vía pública. Retirada de permisos de conducir.

Tema 20. Sinais de circulación. Concepto, características, clases.

Tema 21. Accidentes de circulación: concepto e clases. Actuación inmediata e actividades administrativas.

Tema 22. Tráfico e policía local. Organización e misións. Servicios. Regulación do tráfico. Denuncias de infraccións e investigación de accidentes. Atestados.

Ames, 7 de setembro de 1995.

José Astray Lorenzo

Alcalde

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273