Dado que a Comisión Xulgadora non formulou proposta de provisión.
Vistos os artigos 11 e 14 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro) polo que se regulan os concursos para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios.
Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 18 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu:
Declarar finalizado o concurso e deserta a praza 29/1994 convocada por Resolución do 21 de decembro de 1994 (BOE do 19-1-1995) pertencente ó corpo docente de profesores titulares de escolas universitarias da área de coñecemento de enxeñería cartográfica, xeodésica e fotogrametría e adscrita ó departamento de Deseño na Enxeñería da Universidade de Vigo.
Contra esta resolución que esgota a vía administrativa poderán os interesados logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Vigo, 26 de outubro de 1995.
José Antonio Rodríguez Vázquez
Rector da Universidade de Vigo
95-7243

