Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 22 de novembro de 1995 Páx. 8.574

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 1995 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán os concursos das prazas de profesorado 1304, 1305 e 1306/1995 desta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e, celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais corespondentes,

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán os concursos para a provisión de prazas de profesorado desta universidade, convocados por resolución da Universidade de Santiago de Compostela de data 5 de abril de 1995 (BOE do 4 de maio) e que son as que se relacionan como anexos a esta resolución.

As ditas comisións deberanse constituír nun prazo non superior a catro meses, que se contarán desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, no prazo de quince días hábiles a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 1995.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Praza de profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: toxicoloxía e lexislación sanitaria.

Praza nº 1304/95.

Comisión titular:

Presidente: Luis Concheiro Carro, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretario: Manuel López Rivadulla Lamas, titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal 1º: Aurelio Luna Maldonado, catedrático de universidade. Universidade de Murcia.

Vocal 2º: Manuel Gene Badía, titular de universidade. Universidade Central de Barcelona.

Vocal 3º: Juan Antonio Navarro Celma, titular universitario. Universidade de Zaragoza.

Comisión suplente:

Presidente: Ángel Carracedo Álvarez, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretario: Ana Bermejo Barrera, titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal 1º: Luis Frontela Carreras, catedrático de universidade. Universidade de Sevilla.

Vocal 2º: José María Ruiz de la Cuesta Cascajares, técnico de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Vocal 3º: Mª Begoña Martínez Jarreta, titular de universidade. Universidade de Oviedo.

Praza de profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: ciencia da computación e intelixencia artificial.

Praza nº 1305/95.

Comisión titular:

Presidente: José Manuel Mira Mira, catedrático de universidade. Universidade Nacional de Educación a Distancia.

Vocal secretario: Roque Luis Marín Morales, catedrático de universidade. Universidade de Murcia.

Vocal 1º: Antonio Ángel Blanco Ferro, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Vocal 2º: Mª Jesús Pérez Jiménez, titular de universidade. Universidade de Sevilla.

Vocal 3º: Vicente Martínez Orga, titular de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Comisión suplente:

Presidente: Roberto Moreno Díaz, catedrático de universidade. Universidade das Palmas.

Vocal secretario: Fernando Martín Rubio, catedrático de universidade. Universidade de Murcia.

Vocal 1º: Juan Jacas Moral, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Vocal 2º: Antonio Amescua Seco, titular de universidade. Universidade Carlos III.

Vocal 3º: Antonio Sales Porta, titular de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Praza de profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: fundamentos da análise económica.

Praza nº 1306/95.

Comisión titular:

Presidente: Juan Ramón Quintas Seoane, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Vocal secretario: Alberto Meixide Vecino, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal 1º: Carlos Sebastián Gascón, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Vocal 2º: Manuel Navarro Ibáñez, titular de universidade. Universidade da Laguna.

Vocal 3º: Alfonso Luis Bravo Juega, titular de universidade. Universidade de Salamanca.

Comisión suplente:

Presidente: Luis Toharia Cortes, catedrático de universidade. Universidade de Alcalá de Henares.

Vocal secretario: José Mª da Rocha Álvarez, titular de universidade. Universidade de Vigo.

Vocal 1º: Juan Carlos García Bermejo Ochoa, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

Vocal 2º: Miguel A. Delgado González, titular de universidade. Universidade Carlos III.

Vocal 3º: Mª Teresa Aparicio Aspas, titular de universidade. Universidade de Zaragoza.

95-07022