Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 23 de novembro de 1995 Páx. 8.604

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 13 de novembro de 1995 pola que se resolven os premios de investigación Xunta de Galicia 1994 convocados na Orde do 3 de abril de 1995 (DOG do 20 de abril).

Pola orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 3 de abril de 1995 (DOG do 20 de abril), convocáronse os premios de investigación Xunta de Galicia 1994.

De acordo co establecido nas bases da convocatoria, a decisión adoptada polo xurado debe darse a coñecer mediante a correspondente publicación no Diario Oficial de Galicia.

Reunido o xurado e adoptadas as decisións pertinentes en relación cos anexos I, II e III da citada orde procede, en consecuencia, darlles publicidade. Polo que antecede,

RESOLVO:

Primeiro.-Concede-lo premio de investigación Xunta de Galicia 1994 a un labor ou traxectoria investigadora ó Prof. Dr. Francisco Guitián Ojea.

Segundo.-Concede-lo premio de investigación Xunta de Galicia 1994 ó mellor artigo de divulgación sobre investigación e/ou desenvolvemento tecnolóxico publicado en xornal, semanario ou revista de información xeral editados na Comunidade Autónoma de Galicia ó Prof. Dr. Carlos Pajares Vales.

Terceiro.-Concede-lo premio de investigación Xunta de Galicia 1994 ó mellor traballo publicado en revista científica ou capítulo de libro, e realizado por investigadores galegos ou investigadores vencellados a centros de investigación galegos, ós investigadores que a continuación se relacionan dentro das súas respectivas áreas de coñecemento:

1. Área de ciencias experimentais.

Premio ós investigadores Eduardo González Gurriarán e Juan Manuel Freire Botana polo traballo titulado: «Movement patterns and habitat utilization in the spi

der crab Maja squinado (Herbst) (Decapoda, Majidae) measured by ultrasonic telemetry», publicado na revista Journal of Experimental Marine Biology and Ecology.

2. Área de ciencias da saúde.

Premio ó investigador José Luis Labandeira García polo traballo titulado: «Cortical stimulation induces for expression in intrastriatal striatal grafts», publicado na revista Brain Research.

3. Área de ciencias sociais e xurídicas.

Premio compartido ós investigadores:

-Manuel José Blanco Rial e Antonio A. Álvarez Cruz polo traballo titulado: «"Psychometric intelligence and visual focused attention: Relationships in nonsearch tasks», publicado en Intelligence, e

-Mª Jesús Baz Vicente, polo traballo titulado: «Reconsiderando la persistencia del Régimen Foral en la Galicia del siglo XIX: Una racionalidad de otro orden», publicado en Agricultura y Sociedad.

4. Área de humanidades.

Premio compartido ós investigadores:

-Elvira Fidalgo Francisco polo traballo titulado: «Esquemas narrativos en las Cantigas de Santa Maria(I)», publicado en Studi Mediolatini e Volgari, e

-Víctor Millet Schröder polo traballo titulado: «Tradición y epopeya. Ensayo metodológico sobre la poesía épica castellana» publicado en Cultura Neolatina.

Cuarto.-Declarar deserto o premio correspondente á área de ensinanzas técnicas por non terse presentado ningunha candidatura.

Quinto.-A presente disposición pon fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109. c) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Sr. Director xeral de Universidades e Investigación

95-7661