Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 23 de novembro de 1995 Páx. 8.621

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 31 de outubro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 52235).

En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e consecuentes do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, declarada a urxente ocupación por Decreto 260/1995, do 29 de setembro, (Diario Oficial de Galicia con data 13 de outubro de 1995), para expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica a 15/20 kV e centro de transformación en Sampaio, no concello de Coristanco, da que é propietaria e beneficiaria deste procedemento expropiatorio a entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na r/ Fernando Macías, nº 2, 15004 A Coruña; faise saber a tódolos interesados propostos neste expediente, ós que se lles practicará notificación para o efecto, que polo representante da Administración procederase o día 19 de decembro de 1995, a partir das 12 horas, ó levantamento sobre o terreo das actas previas á ocupación dos predios afectados polas ditas instalacións.

A relación dos predios afectados para os que se segue este proceso expropiatorio, foi publicada no BOP da Coruña con data 22 de maio de 1995. Exclúense os predios con mutuo acordo que fose notificado no expediente.

Advírteselles ós interesados que no día e hora sinalados para o levantamento das actas, poderán facerse acompañar dos seus peritos e dun notario, á súa custa, e formular por escrito ante esta delegación ata aquel momento, as alegacións para os únicos efectos de remediar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados.

A Coruña, 31 de outubro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

7517