Por Resolución do 19 de abril de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciouse a citada contratación directa.
Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular da consellería resolveu adxudicarlle a suministración á empresa:
Cotec, S.A., importe de adxudicación: 12.015.000 pesetas.
O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 7 de novembro de 1995.
P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)
Antonio L. Rosón Pérez
Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes
95-7496