Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 04 de decembro de 1995 Páx. 9.157

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 67-1/1995).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, número 2, 15008 A Coruña

Denominación: L.M.T. subterránea e C.T. tipo edificio en Galán.

Situación: Oseiro. Arteixo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 460 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 12/20 kV de 150 mm de Al, que parte da L.M.T. Grela-Moucho-Vilarrodís (Expte. 27.537) e remata no C.T. interior que se vai contruír en Galán de 630 kVA a 15/20 kV.B2. Concello de Arteixo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 8 de novembro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

7788