Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 04 de decembro de 1995 Páx. 9.160

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Gráficas del Noroeste, S.A. (Grafinsa).

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Gráficas del Noroeste, S.A. (Grafinsa), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 5-10-1995, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 22-9-1995. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da provincia de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 16 de outubro de 1995.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Gráficas del Noroeste S.A. (Grafinsa) Vigo

Convenio colectivo de traballo 1995.

Vixencia: 1 de abril de 1995 a 31 de marzo de 1996.

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio regulará as relacións laborais e económicas na empresa Gráficas del Noroeste, S.A. (Grafinsa), no seu centro de traballo en Vigo, estrada de Madrid, s/n.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

A duración do presente convenio será dun ano desde o 1 de abril de 1995 ata o 31 de marzo de 1996, entendéndose prorrogado de ano en ano, mentres que por calquera das partes non sexa denunciado con tres meses de antelación polo menos, ó seu termo ou prórroga en curso.

O presente convenio entrará en vigor o día seguinte ó da súa sinatura polas partes negociadoras, e os seus efectos económicos serán retroactivos ó 1 de abril de 1995.

Artigo 3º.-Denuncia.

A denuncia do presente convenio deberase realizar polo menos con tres meses de antelación ó seu termo ou prórroga en curso. Estarán lexitimados para formulala os mesmos representantes que o estean para negocialo e de acordo co artigo 87, apartado 1º do Estatuto do traballador.

Artigo 4º.-Comisión mixta de interpretación e vixilancia.

No prazo dun mes, contado desde a sinatura do presente convenio, crearase unha comisión mixta paritaria, constituída polo comité de empresa e os representantes da dirección dela, coa presidencia da persoa que ostente na comisión deliberadora do convenio.

A comisión mixta reunirase cando así o decidan ámbalas partes ou por solicitude dunha delas, no termo de quince días, para resolver calquera problema de interpretación do convenio.

Artigo 5º.-Garantías personais.

Respectaranse as situacións persoais que con carácter global excedan do presente convenio.

Artigo 6º.-Absorción e compensación.

As condicións que se establecen no presente convenio colectivo absorberán e compensarán en cómputo anual calquera outra existente no momento da súa entrada en vigor e as que no futuro puidesen establecerse ata onde alcancen.

Artigo 7º.-Xeira de traballo.

A xornada de traballo será de corenta horas semanais en xeira continuada, tendo quince (15) minutos de descanso diarios (dentro das mencionadas 40 semanais), que se considerarán como tempo efectivamente traballado, establecendo un máximo anual de 1800 horas.

Os traballadores, fixos de empresa á vixencia deste convenio, en réxime de quendas, que realicen a súa xeira entre as 22 horas e as 6 da mañá, terán unha retribución incrementada nun 25% sobre o salario base máis antigüidade.

Aqueles traballadores que sexan contratados para realizar un traballo en horario nocturno, percibirán o salario que pola súa categoría lles corresponda na táboa salarial do convenio, sen ter dereito a plus de nocturnidade por ser esta a súa xeira habitual.

Os traballadores eventuais, en réxime de quendas, que estean na empresa á vixencia deste convenio ou continúen nela, ou pasen á situación de fixos no cadro de persoal, percibirán como plus de nocturnidade un 25% calculado sobre o salario base, sen antigüidade.

Artigo 8º.-Vacacións.

As vacacións anuais retribuídas serán de trinta días naturais para tódalas categorías.

As vacacións concederanse preferentemente nos meses de xullo e agosto, os dous incluídos, en quenda cada mes, alternativos anuais. O cadro de distribución de vacacións exporase cunha antelación dun mes nos taboleiros de anuncios para coñecemento do persoal.

Artigo 9º.-Excedencias.

A empresa concederá ó persoal que polo menos conte cunha antigüidade de tres anos nela, o pase á situación de excedencia voluntaria, por un período non inferior a seis meses nin superior a dous anos, sempre que os excedentes non superen o 10% do cadro de persoal. Transcorrido o prazo sen solicita-lo reingreso, perderá o excedente tódolos seus dereitos.

O paso á expresada situación poderá pedirse sen especificación de motivos polo solicitante, e será obrigatoria a súa concesión por parte da empresa, agás que vaia utilizarse para traballar noutra actividade idéntica ou similar á da empresa de orixe. Será potestativa a súa concesión se non transcorresen cinco anos polo menos desde o desfrute polo traballador de excedencia anterior.

Durante o desfrute da excedencia, a pesar de que se solicitase e concedese por un prazo superior a tres meses, transcorridos estes, poderá o traballador renunciar ó resto da excedencia, coa obriga de avisar, cun mes de antelación, o seu desexo de se reincorporar ó traballo activo; cumpridos estes requisitos, a empresa reincorporarao ó posto de traballo que desempeñaba ó solicita-la excedencia.

O tempo de excedencia voluntaria non será computado a ningún efecto.

A petición de excedencia voluntaria deberase formular cun mes de antelación, e a de reingreso deberase facer dentro do período de excedencia, e cunha antelación mínima dun mes á súa terminación.

Rematado o período de excedencia, o traballador reincorporarase ó seu posto de traballo, ostentando a mesma categoría e nas mesmas condicións que desfrutaba antes da excedencia.

Igualmente, transcorrido o tempo de excedencia, será potestativo da empresa ampliala por igual período se mediase petición do traballador.

Artigo 10º.-Salario.

O salario será especificado para cada categoría na táboa de salarios anexa, que se incorpora a este convenio, formando parte del, sendo o aumento obtido ó convenio do pasado ano, do 3,5% (tres e medio por cento).

Artigo 11º.-Antigüidade.

Todo o persoal afectado por este convenio terá dereito ademais do salario establecido, ós aumentos periódicos por anos de servicio, consistentes en dous trienios do 4% e quinquenios do 4% calculados sobre os soldos que figuran no anexo I do presente convenio.

Os aumentos periódicos por antigüidade comezarán a devengarse a partir do día 1º do mes en que se cumpran.

Artigo 12º.-Pagas extraordinarias.

Todo o persoal afectado polo presente convenio percibirá dúas gratificacións de trinta días naturais, das que os importes se calcularán de acordo cos salarios establecidos nas táboas do anexo 1 máis antigüidade.

Faranse efectivas na primeira quincena de xullo e antes do 21 de decembro.

Artigo 13º.-Beneficios.

En concepto de participación de beneficios, a cada traballador do cadro de persoal aboaráselle o 8% do salario devengado e correspondente ás doce mensualidades do ano anterior, máis as dúas gratificacións extraordinarias, máis a antigüidade.

Farase efectiva na segunda quincena do mes de marzo.

Artigo 14º.-Horas extraordinarias.

A partir da data de vixencia do presente convenio, o traballo en horas extraordinarias será retribuído coas cantidades que se sinalan no cadro anexo II, elaborado de común acordo por ámbalas partes e no que se consideraron os diferentes conceptos salariais correspondentes ás distintas cualificacións dos postos de traballo e ós recargos legais que corresponden ás horas extraordinarias.

En canto á cantidade de horas extraordinarias que hai que realizar, haberase que ater ó establecido pola normativa laboral vixente sobre o tema.

Artigo 15º.-Seguridade e hixiene.

Consideraranse como niveis máximos admisibles de substancias químicas e axentes físicos no medio ambiente laboral, os valores límites limiares (Threshold limit values) publicados pola A.C.G.I.H. (American Conference of Governmental Industry).

A empresa mentres conta con máis de vintecinco traballadores no mesmo centro de traballo, constituirá un Comité de Seguridade e Hixiene que estará composto por un representante da dirección, un técnico na materia e cinco traballadores. O Comité de Seguridade e Hixiene reunirase unha vez ó mes, polo menos, en horas de traballo, para o estudio de medidas en relación coa seguridade e hixiene no traballo.

As horas de que dispoña este comité ó mes son doce horas máximo.

O Comité de Seguridade e Hixiene terá dereito a dispor de toda a información que precisa na materia, entregada por escrito e certificada, resultante de inspeccións, estudios, etc.

O Comité de Seguridade e Hixiene poderá esixir para aqueles postos de traballo onde houbese riscos para a saúde que se adopten medidas especiais de vixilancia.

A todo traballador que reciba un dano á súa saúde por causa do posto de traballo, a empresa está obrigada a trasladalo a outro que non lle sexa nocivo, sen perda económica, categoría profesional, nin ningún tipo de prexuízo por esta circunstancia.

O Comité de Empresa controlará a actividade dos servicios de medicina, hixiene e seguridade no traballo da empresa, cos fins de total cumprimento dos puntos antes mencionados e todos aqueles aspectos relacionados con protección da saúde do traballador.

O Comité de Seguridade e Hixiene poderá dispor dos seus propios asesores en medicina e hixiene e seguridade no traballo. Estes poderán ter acceso a toda a información precisa ó respecto.

Tamén participará na discusión e control de aplicación dos programas anuais de seguridade e hixiene no centro de traballo, así como na elaboración do orzamento de financiamento.

Deberá ser consultado en todas aquelas decisións relativas á tecnoloxía e organización do traballo que teñan repercusións sobre a saúde física ou mental do traballador.

A empresa establecerá revisións médicas periódicas para os traballadores que o desexen. No caso específico das traballadoras, incluirase o recoñecemento xinecolóxico.

Establécese así, se na empresa existisen síntomas de perigosidade, insalubridade ou toxicidade, reducirase a xeira laboral nunha hora diaria. En ningún caso se concederá plus económico. Cesará a reducción de xeira no momento en que se acredite ante a Delegación de Traballo, por parte da emrpesa e o comité dela, que se adoptaron medidas necesarias para que o traballo se realice en condicións normais de salubridade e hixiene, e así o fai constar ó Comité de Seguridade e Hixiene logo do informe das seccións sindicais da empresa.

Artigo 16º.-Salario en caso de incapacidade laboral transitoria.

Tódolos traballadores da empresa en situación de ncapacidade laboral transitoria por enfermidade común, accidente non laboral, enfermidade profesional ou accidente de traballo, percibirán o 100% do salario, con excepción dos traballadores que se incorporen á empresa con posterioridade á sinatura deste convenio, que pasarán a cobra-lo que estableza a lexislación vixente no momento da situación de incapacidade laboral, durante o primeiro ano de prestación de servicios á empresa, cando causen baixa ó traballo por incapacidade laboral transitoria, pasando a cobra-lo 100% do seu salario cumprido o primeiro ano de servicio.

Artigo 17º.-Cualificación de postos de traballo.

Queda establecido que se durante a vixencia do presente convenio se producisen modificacións nas cualificacións dos postos de traballo de Artes Gráficas a nivel nacional, as ditas modificacións serían aplicadas e recollidas neste convenio.

Artigo 18º.-Ausencias xustificadas.

Ausencias con dereito a retribución. Prazos e motivos.

Todo o persoal suxeito a este convenio terá dereito ás seguintes ausencias retribuídas, coa necesaria xustificación, se é o caso:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Por falecemento de familiares tales como pais, cónxuxes e fillos, o crédito horario será de tres días e en caso de desprazamento dous días máis.

c) Dous días nos casos de enfermidade grave, intervención cirúrxica que esixa dous días de hospitalización como mínimo, de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade, ou nos casos de nacemento de fillo.

Cando con tal motivo o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días.

A enfermidade considerarase como grave só cando así sexa determinada por facultativo médico. Concederase, ademais, o tempo indispensable para os casos de inscrición no Rexistro Civil do nacemento dun fillo, así como rexistra-lo óbito do mesmo, do pai ou da nai, sempre que convivan co traballador e o dito rexistro non se puidese levar a cabo porque a ausencia antedita de dous ou tres días, segundo o caso, coincidise con días non hábiles para estes efectos, e iso unicamente no caso de que o cumprimento da obriga de inscrición no rexistro civil recaese no traballador e acredite que non foi legalmente posible cumprimentalo no prazo anteriormente previsto.

Excepcionalmente, no suposto de intervención cirúrxica de pai, nai, cónxuxe ou fillos, sempre que convivan co traballador e que non esixa dous días de hospitalización, concederase permiso retribuído unicamente polo tempo indispensable, con un máximo dunha xeira habitual de traballo para atende-la dita necesidade, debendo xustifica-lo tempo empregado co correspondente volante visado polo cirurxián.

d) No suposto de nacemento dun fillo ou filla ou intervención cirúrxica (que esixa hospitalización durante un período mínimo de dous días) de pai, nai, cónxuxe ou fillos, o prazo xeral de dous días do apartado anterior poderase estender ata tres días máis sempre que algún destes parentes, que convivan co traballador, precisase atención especial e non tivese outra persoa para coidalo. En ningún caso a extensión deste prazo poderá acumularse ó de catro días previsto para o suposto de desprazamento.

e) Cando por razón de enfermidade o traballador precise a asistencia a consultorio médico da Seguridade Social en horas coincidentes coas da súa xeira laboral, a empresa concederá, sen perda de retribución, o permiso necesario polo tempo preciso para o efecto, debendo xustificarse o tempo co correspondente volante visado polo facultativo.

f) Un día por traslado de domicilio habitual.

g) Polo tempo indispensable para se matricular nun centro oficial ou recoñecido de ensino, sempre que a comparecencia do traballador sexa imprescindible para o efecto, así como para concorrer as convocatorias de exames dos ditos centros.

h) Un día por voda de fillos e irmáns.

i) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inexcusable de carácter público e persoal.

j) Concederanse os permisos necesarios para asistir á ximnasia de preparación ó parto sempre que coincida coa xeira de traballo e estea desenvolvida pola rede sanitaria da Seguridade Social logo de prescrición facultativa, cun máximo de oito sesións.

Permisos non retribuídos.

En circunstancias extraordinarias debidamente acreditadas, as licencias previstas nas letras c) e d) do apartado anterior, outorgaranse polo tempo preciso,

convíndose as condicións da súa concesión, podendo acordarse a non percepción de haberes e incluso o desconto de tempo extraordinario de licencia, para efectos de antigüidade, cando aquelas excedan na súa totalidade dun mes dentro do ano natural.

Data de desfrute.

As licencias reguladas neste artigo desfrutaranse na data en que se produza a situación que as orixine, con independencia da súa coincidencia ou non con día festivo ou período non laboral.

Artigo 19º.-Atrasos.

O aboamento dos atrasos farase efectivo o 30-11-1995, cotizándose á Seguridade Social ó mes seguinte do seu aboamento.

Disposición adicional.

A comisión negociadora que deliberou, aprobou e subscribiu este convenio está composta porlas seguintes persoas:

En representación da empresa.

Como director dela: José Carlos Iglesias García

En representación dos traballadores.

Como membros do comité de empresa:

Manuel Peleteiro González

Carlos Conde Comesaña

Domingo Muíños Martínez

Fernando Lage Gómez

Mª Pilar Fernández Rodríguez

ANEXO I

TÁBOA SALARIOS VIXENCIA DO 1-4-1995 Ó 31-3-1996

CategoríaCoeficienteSalario mensual

Subalternos

Limpadora1.1683.929
Sereno1.2297.060
Conserxe1.2898.139
Conductor mecánico1.70117.203
Almaceneiro de 1ª1.70117.203
Axudante almacén1.47106.305
Telefonista1.34101.020

Persoal de taller

Peón

1.2297.060
Auxiliar de taller1.2898.139
Oficial 1ª acuñadora1.90127.942
Oficial 2ª acuñadora1.55109.314
Oficial 3ª acuñadora1.34101.020
Oficial 1ª pregadora1.90127.942
Oficial 2ª pregadora1.63114.957
Oficial 3ª pregadora1.40103.906
Oficial 1ª offset 2/c2.20142.348
Oficial 2ª offset 2/c1.90127.942
Oficial 3ª offset 2/c1.63114.957
Pasador 1ª offset1.80123.128
Pasador 2ª offset1.63114.957
Pasador 3ª offset1.40103.906
Oficial 1ª guillotina1.80123.128
Oficial 2ª guillotina1.55109.314
Oficial 3ª guillotina1.34101.020
Fotógrafo 1ª2.10137.548

CategoríaCoeficienteSalario mensual

Fotógrafo 2ª1.80123.128
Debuxante 1ª1.80123.128
Debuxante 2ª1.63114.957
Formación1.2297.060

Técnicos e administrativos

Electricista mecánico

montador Inst.

2.10137.548
Xefe de sección2.40150.383
Xefe de taller2.60159.861
Debuxante reproductor2.40150.383
Debuxante proxectista2.80169.337
Xefe equipo técnico3.00178.822
Aspte. técnico non titulado 3ª1.47106.305
Auxiliar administrativo1.47106.305
Oficial 2ª administrativo1.90127.942
Oficial 1ª administrativo2.40150.383
Xefe administrativo 2ª2.60159.861
Xefe administrativo 1ª3.10183.553
Viaxante2.10137.548

Executivos

Director xeral técnico e comercial3.90264.709
Director administrativo3.10183.553

ANEXO II

TÁBOA VALOR DE HORAS EXTRAORDINARIAS

CoeficienteValor hora

1.16 622
1.22 638
1.28 654
1.34 684
1.40 715
1.47 752
1.55 795
1.63 830
1.70 874
1.80 948
1.90 971
2.101.105
2.201.120
2.401.220
2.601.409
2.801.490
3.001.514
3.101.565
3.901.740

9506883