Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 05 de decembro de 1995 Páx. 9.218

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 1995, da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, pola que se anuncia o concurso, polo trámite de urxencia, para a contratación de servicios de vixilancia nos lugares de atracada das embarcacións de inspección e vixilancia pesqueira e da nave almacén de Portonovo.

Anúnciase concurso para a prestación de servicios de vixilancia nos lugares de atracada das embarcacións de inspección e vixilancia pesqueira e da nave almacén de Portonovo, cun orzamento máximo de cincuenta millóns de pesetas (50.000.000 de ptas.).

Os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas estarán á disposición dos intere

sados en días e horas de oficina, nos servicios centrais desta consellería, sita en San Caetano, 5-2º, Santiago de Compostela, así como nas súas delegacións territoriais.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral desta consellería ou na forma en que se dispón no artigo 38 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de proposicións terá lugar nas oficinas centrais desta consellería o terceiro día hábil seguinte ó peche do prazo de presentación de propostas, ás dez horas. No caso en que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

O presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 1995.

Amancio Landín Jaráiz

Director xeral de Marisqueo e Acuicultura