Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 15 de decembro de 1995 Páx. 9.398

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4369 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), con domicilio en r/Cidade de Viveiro 4-1º Lugo, en solicitude de autorización para instalar L.M.T. subterránea e C.T. edificio Construccións Fontela-Camiño de Romai-Lugo, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a BEGASA, a instalación de liña de media tensión subterránea, con cable de 1x150 mm Al, designación UNE D.H.V. 15/25 kV, de 240 metros de lonxitude. Centro de transformación de 1x400 kVA 20.000/398-230 V ± 5%, para dar servicio eléctrico o edificio Construccións Fontela en Camiño de Romai en Lugo.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 13 de novembro 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-7968