Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 22 de decembro de 1995 Páx. 9.622

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1995, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o plan eólico estratéxico que se cita, por petición de Iberdrola.

Para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, ábrese a información pública sobre o seguinte plan eólico estratéxico.

Peticionario: Iberdrola, Ingeniería y Consultoría.

Obxecto da petición: aprobación do plan eólico estratéxico.

Durante o prazo de 20 días contados a partir do seguinte a esta publicación, poderán presentarse solicitudes en competencia de acordo co artigo 5 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 1995.

P.D. (Art. 16, Lei 30/1992)

Ramón Ordás Badía

Subdirector xeral de Enerxía e Minas

95-8025