Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 26 de decembro de 1995 Páx. 9.630

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 14 de decembro de 1995 pola que se clasifica como cultural a Fundación Paco González.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Paco González, con domicilio en Vigo, Zamáns, r/ Villaverde, nº 16.

Supostos de feito.

1.-Que Francisco González Fernández, en representación da fundación, en escrito do 21 de xullo de 1995, formulou solicitude de clasificación dela para efectos da súa inscrición no rexistro de fundacións de interese galego.

2.-Que a fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Vigo , o día 19 de xuño de 1995 ante o notario desa cidade José - Luis Lorenzo Areán, co número mil trecentos oitenta e oito do seu protocolo, por Francisco González Fernández, Hortensia González Fernández e María del Mar Fernández Reboreda, sendo rectificada e complementada por outra do 30 de outubro perante o mesmo notario e co número dous mil catrocentos dazasete do seu protocolo.

3.-Que, segundo consta no artigo 4 dos seus estatutos, son fins da fundación o fomento da danza española e calquera outro que teña por obxecto a promoción e desenvolvemento desta arte en Galicia, o nivel profesional do sector da danza no seu nivel cultural e, en xeral, a elevación da calidade de vida e do nivel socioeconómico.

4.-Que o padroado da fundación estará constituído por Francisco González Fernández, Hortensia González Fernández e María del Mar Fernández Reboreda.

5.-Que a comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevan ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como cultural, da Fundación Paco González, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como cultural e a súa adscrición á Consellería de Cultura.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego,

así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Fundamentos de dereito.

1.-Que o artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e que o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia lle outorga competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2.-Que, de acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamennto do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3.-Que, á vista do que antecede, se poden considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola comisión de secretarios xerais na súa reunión do día 13 de decembro de 1995.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como cultural a Fundación Paco González, e adscribila á Consellería de Cultura, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

8284