Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 27 de decembro de 1995 Páx. 9.676

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (167/1995).

En virtude do acordado pola maxistrada xuíza deste xulgado, Leonor Castro Calvo, nos autos de xuízo de cognición nº 167/1995, seguidos neste xulgado a pedimento de Andrés Varela Tojo, representados polo procurador Paz Montero, contra comunidade hereditaria de Manuel Cotón e demais interesados que puidesen ter interese no preito, no que se acordou emprazar, por medio da presente cédula, as persoas ignoradas que puidesen ter interese no preito para que, no prazo de nove días, comparezan en autos e contesten a demanda, e fáiselles saber que se comparecen, se lles concederán tres días con entrega de copias da demanda para que contesten baixo apercibimento de seren declarados en rebeldía, e seguirá o xuízo o seu curso, facéndose as notificacións que recaian nos estrados do xulgado.

E para que así conste e lles sirva de emprazamento en forma ós herdeiros descoñecidos e incertos de Manuel Cotón e demais persoas que puidesen ter interese no preito, expido a presente cédula en Santiago de Compostela, o dezasete de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

95-7903