Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 27 de decembro de 1995 Páx. 9.682

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 1995 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a execución das obras comprendias no proxecto de instalación de postes urbanos de auxilio.

Exponse ó público durante o prazo de oito días hábiles que determina o artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, o prego de cláusulas administrativas particulares, regulador do concurso con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de instalación de postes urbanos de auxilio.

Simultaneamente, e para o caso de que non se presenten reclamacións contra el anúnciase a licitación de acordo coas seguintes condicións:

Obxecto: instalacións de postes urbanos de auxilio (Ref. 95/104).

Orzamento: 9.990.938 pesetas (IVE incluído).

Garantías: provisional, 199.819 pesetas. Definitiva: 4% do orzamento.

Modelo de proposición: as proposicións económicas axustaranse o seguinte modelo:

Don/Dona..., veciño/a de..., con enderezo en..., provisto/a de DNI nº..., en representación de..., con enderezo en... (ou en nome propio), informado/a do anuncio de concurso para a contratación das obras comprendidas no proxecto de instalación de postes urbanos de auxilio a dos pregos de condicións que o regulan, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición pola que opta á adxudicación polo prezo de... pesetas (IVE incluído) no prazo de...

En proba de aceptación de tales compromisos deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co resgardo que xunto.

Data e sinatura do propoñente.

Presentación de proposicións: presentaranse en tres sobres pechados no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo (neste caso, logo do cumprimento dos requisitos sinalados no

artigo 100 do Regulamento xeral de contratación), no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación de anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia de nove a trece horas. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

Nos anversos dos sobres consignarase: «Proposición que presenta... para optar ó concurso para a contratación das obras comprendidas no proxecto de instalación de postes urbanos de auxilio».

Prego de condicións: poderán ser examinados a retirada copia na Unidade de Obras e Concesións, 2ª planta do Pazo Municipal, praza de Mª Pita, nº 1. 15001 A Coruña.

A Coruña, 18 de decembro de 1995.

P.D.

O alcalde

Rubricado

95-08392