Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 28 de decembro de 1995 Páx. 9.693

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0001805/1995, interposto por Raquel Fernández Fernández, José Antonio Barros Sueiro, Manuela Castro Piñeiro e María del Carmen Villarmarín Grela.

O 14 de novembro de 1995 a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recibe da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 01/0001805/1995, interposto por Raquel Fernández Fernández, José Antonio Barros Sueiro, Manuela Castro Piñeiro e María del Carmen Villarmarín Grela, contra resolución da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 26 de setembro de 1995 que desestima recurso contra outra da Delegación Provincial de Pontevedra, sobre modificación da cualificación outorgada en xuño de 1995 na disciplina de matemáticas a Bibiana Álvarez Seoane.

Esta secretaría xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, remitirlle o correspondente expediente administrativo á devandita sala, o cal se lles notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan constituírse en parte en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 9 días.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 1995.

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

95-8240