Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 28 de decembro de 1995 Páx. 9.701

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 1995 pola que se fai pública a relación de aspirantes seleccionados coas súas respectivas puntuacións para cubri-las prazas convocadas de persoal laboral fixo do compelxo deportivo de Monterrei e se eleva a definitiva a proposta do tribunal.

De conformidade co disposto no artigo 12 do III convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia, nas bases VI e X da convocatoria para selección do persoal laboral fixo, con destino no complexo deportivo de Monterrei (Ourense) levada o efecto por Orde do 31 de xaneiro de 1989 (DOG nº 40, do 27 de febreiro de 1989), e en virtude da sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 14 de marzo de 1994 e a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 24 de novembro de 1994 (DOG do 30 de novembro de 1994), esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro.-Eleva-la proposta do tribunal ó carácter de definitiva co resultado seguinte:

NomePrazaPuntuación

Luis Blanco RodríguezXardineiro5,75
María Teresa Val MeijeLimpadora7
J. Roberto Conde ParadelaAxudante Mante.7,5
F. Carlos Rodríguez VilanovaAxudante Mante.7,25

NomePrazaPuntuación

José Santos PérezAxudante Mante.7
José Manuel Cruz GonzálezPorteiro5
Manuel Dopazo IglesiasGarda5,75

Segundo.-As puntuacións obtidas tanto na fase de concurso coma na entrevista estarán expostas nos seguintes lugares:

-Secretaría Xeral para o Deporte.

-Servicio Provincial de Deportes da Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Publica en Ourense.

-Complexo Deportivo de Monterrei (Ourense).

Terceiro.-Os aspirantes seleccionados disporán dun prazo de 15 días contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para presentar ante a Dirección Xeral da Función Pública a documentación acreditativa de cumpri-los requisitos esixidos na convocatoria.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 1995.

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

8435