Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 28 de decembro de 1995 Páx. 9.702

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ACORDO do 19 de decembro de 1995, do tribunal encargado de xulga-lo proceso selectivo da categoría do grupo auxiliar de enfermería, convocado por resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 18 de maio de 1995, polo que se fai pública a anulación dalgunhas preguntas do primeiro exercicio da fase de oposición.

Advertidas deficiencias na redacción de determinadas preguntas do primeiro exercicio da fase de oposición do concurso oposición para o ingreso na categoría de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde do grupo auxiliar de enfermería, este tribunal acorda facer pública a anulación das preguntas nº 10, 17 e 80, que serán debidamente substituídas polas respectivas preguntas de reserva nº 121, 122 e 123, de conformidade co apartado 13, da base sexta da Resolución do 18 de maio de 1995.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 1995

Francisco Villar García-Moreno

Presidente do tribunal

8395