Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 28 de decembro de 1995 Páx. 9.704

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (151/1995).

María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo executivo de que se fará mérito recaeu a sentencia que contén o encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o vinte de outubro de mil novecentos noventa e cinco. Vistos por Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo executivo nº 151/1995, promovidos polo procurador García Píccoli Atanes, en nome e representación do Banco Central Hispano Americano, S.A., asistido pola letrada Sonia Rodríguez Arroyo, contra Fernando Tobío Martínez e María del Carmen Calviño Fosado, con domicilio en Ponte de Sar 89, Santiago de Compostela e declarados en rebeldía; e resolvo que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, facer remate dos bens embargados a Fernando Tobío Martínez e María del Carmen Calviño Fosado, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte actora da cantidade de 189.327 ptas. importe do principal e a suma de 100.000 ptas. para xuros e custas, ó pagamento do cal debo condenar e condeno os demandados. E dada a

rebeldía dos demandados notifíqueselles na forma previda na lei, se non se pedise dentro dos tres días seguintes ó da notificación persoal.

Esta resolución non é firme e contra ela poderá interpoñerse neste xulgado recurso de apelación, no termo de cinco días, contados a partir da súa notificación».

E para que lles sirva de notificación ós demandados rebeldes, expídese o presente edicto en Santiago de Compostela o nove de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado

7808