Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 28 de decembro de 1995 Páx. 9.704

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1995 pola que se fai pública o cambio de titularidade da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Ourense e A Ponte, por Bóveda e Cambeo: V-0224; XG-010.

Antonio Pérez González, en representación da empresa Autocares Pérez, S.A., titular da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-0224; XG-010, entre Ourense e A Ponte por Bóveda e Cambeo, e Fidel Martínez González en representación de Autos González, S.L., solicitaron conxuntamente o cambio de titularidade da citada concesión a favor desta última.

Con data de 26 de setembro de 1995, a Dirección Xeral de Transportes autorizou o cambio de titularidade condicionado á presentación dunha serie de documentos.

Unha vez cumpridos os requisito esixidos, esta dirección xeral resolve autoriza-lo cambio de titularidade, quedando subrogada Autos González, S.L. nos dereitos e obrigas do cedente frente a Administración.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 1995.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

95-07943