Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 28 de decembro de 1995 Páx. 9.709

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de aproveitamento da sección A, canteira Cartelle, número 329, sita no concello de Cartelle (Ourense).

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Ourense, dá a coñecer que por acordo da Dirección Xeral de Industria, do 16 de novembro de 1995 sométese a información pública o estudio de impacto ambiental seguinte:

Proxecto: aproveitamento da sección A, canteira Cartelle, nº 329.

Situado en: Teixugueira, concello de Cartelle (Ourense).

Solicitante: Manuel Gómez Álvarez.

O que se fai público para calquera que se considere afectado interpoña reclamación no prazo de 30 días hábiles contados a partir da presente publicación e de conformidade co establecido no punto 2 do Art. 5, do decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia.

Ourense, 23 de novembro de 1995.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

95-8155