Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 28 de decembro de 1995 Páx. 9.711

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, da notificación da proposta de resolución do expediente sancionador I-40/1995 (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27-11), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución de dito expediente, por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu Regulamento do 23 de decembro.

E para os efectos previstos no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8), o denunciado poderá presentar nun prazo de quince días, as alegacións que se consideren convenientes no Servicio de Defensa Contra Incendios Forestais, sito en Cabanas-Salcedo.

Pontevedra, 21 de setembro de 1995.

Manuel Francisco Gutiérrez

Instructor

ANEXO

Expediente: I-40/1995

Denunciada: Mª Berta Méndez Méndez.

Enderezo: Benito Corbal, 38-3º D.

Feito denunciado: abandono dun vehículo Seat-850, matrícula OR-21745.

Precepto infrinxido: Art. 137 E) do regulamento da Lei de incendios forestais.

Precepto sancionador: Art. 139 do regulamento da Lei de incendios forestais.

Sanción: 50.000 ptas.

8159