Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 28 de decembro de 1995 Páx. 9.712

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, da notificación da resolución do expediente sancionador I-106/95.4 (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27-11-1992), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a resolución de dito expediente, por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu Regulamento do 23 de decembro.

O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria ó nº de conta 120.597 do Banco Pastor, código nº 0072, da oficina principal 0401, de Pontevedra, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte día da presente publicación conforme o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do

procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo dun mes poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.

Pontevedra, 13 de novembro de 1995.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: I-106/95.4

Denunciado: Rubén Prado Noya.

Enderezo: Travesía de Vigo 219-2º. 36207-Vigo.

Feito denunciado: acampada ilegal e queima sen autorización.

Precepto infrinxido: Art. 136 H) e 137 B) do regulamento da Lei de incendios forestais.

Precepto sancionador: Art. 139 do regulamento da Lei de incendios forestais.

Sanción: 7.000 ptas.

95-08024