Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 28 de decembro de 1995 Páx. 9.730

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión do 24 de novembro de 1995, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización do plan especial de reforma interior (PERI) da Pontepedriña. O expediente exponse ó público no Negociado de Planeamento e Xestión polo prazo de 15 días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 1995.

O alcalde

Rubricado