Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Venres, 29 de decembro de 1995 Páx. 9.735

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4365 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), con domicilio en Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo, en solicitude de autorización para instalar L.M.T. e C.T. ó edificio Ánxel Pena Carregal, na rúa Alexandre Bóveda, 42-48, Lugo, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a BEGASA, a instalación de liña de media tensión subterránea, cunha lonxitude de 330 metros desde o C.T. Guadebro ó C.T. Ánxel Pena Carregal. Liña media tensión subterránea cunha lonxitude de 90 metros desde o C.T. Pedrouzo ó C.T. Ánxel Pena Carregal, con conductor D.H.V. 15/25 kV de 1x95 mm Al. Dous centros de transformación de 630 kVA 20.000/380-220 V, cada un, para subministración de enerxía eléctrica o edificio Ánxel Pena Carregal, na rúa Alenxandre Bóveda, 42-48 en Lugo.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 13 de novembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-8251