Consonte o disposto na base 4 da Resolución do 13 de setembro de 1995 da Universidade de Santiago de Compostela pola que se convoca concurso de libre designación entre funcionarios para a provisión de postos vacantes no cadro de persoal funcionario de administración e servicios desta universidade.
Rematado o prazo de presentación de instancias e á vista das solicitudes presentadas e logo do informe da xerencia.
Este rectorado, en uso das competencias que lle recoñece o artigo 18 da Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria,
DISPÓN:
Primeiro.-Resolve-la adxudicación dos postos de traballo contidos no anexo desta resolución.
Segundo.-Os destinos adxudicados serán irrenunciables, agás que antes de remata-lo prazo de toma de posesión se obtivese outro destino mediante convocatoria pública, quedando obrigado o interesado, neste caso, a comunicarllo ó rectorado da Universidade de Santiago de Compostela no prazo de tres días.
Terceiro.-O prazo para tomar posesión do destino obtido será de tres días hábiles se o funcionario radica na mesma localidade, ou dun mes se radica en localidade distina. O prazo de toma de posesión empezará a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente resolución.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Gali
cia, no prazo de dous meses, contados a partir da publicación da presente resolución.
Santiago de Compostela, 30 de novembro de 1995.
Darío Villanueva Prieto
Rector da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
-Posto de traballo: secretaria de Dirección para o Vicerrectorado de Ordenación Académica e Titulacións da Universidade de Santiago de Compostela.
Nivel: 18.
Grupo: C/D.
Apelidos e nome: Mª del Carmen Gil Barcia.
DNI: 33.228.488.
-Posto de traballo: secretaria de Dirección para o Vicerrectorado de Estudiantes da Universidade de Santiago de Compostela.
Nivel: 18.
Grupo: C/D.
Apelidos e nome: Jesús Juan Lamas Alvariño.
DNI: 32.631.889.
9507806

