Vista a proposta do director da EGAP e en virtude do previsto no artigo 8º do Decreto 294/1992, do 10 de setembro, modificado polo Decreto 1/1995, do 12 de xaneiro (DOG nº 9, do 13-1-1995), polo que se regula o diploma de directivo, dispoño aproba-lo contido do programa que se deberá impartir na IX, X, XI, XII e XIII edición do curso para a obtención do diploma de directivo, segundo figura no anexo desta orde.
Santiago de Compostela, 18 decembro de 1995.
Dositeo Rodríguez Rodríguez
Conselleiro da Presidencia e Administración Pública
ANEXO
Módulo I: a función directiva na Administración pública.
-As especifidades da xestión pública.
-O enfoque «management» na Administración pública.
-O traballo directivo: natureza.
-Os «roles» directivos.
Módulo II: seminario de habilidades directivas.
-Negociación.
-Dirección de reunións.
Módulo III: a xestión de recursos humanos na Administración pública.
-A xestión de recursos humanos como sistema integrado.
-Planificación e dimensionamento de recursos.
-Incorporación, formación e desenvolvemento profesional.
-Promoción e avaliación do desempeño.
-A política de función pública da Xunta de Galicia.
Módulo IV: a xestión económica na Administración pública.
-O proceso orzamentario como medio de definición de programas e obxectivos.
-As técnicas de orzamentos e as súas limitacións.
-A contabilidade pública.
-O orzamento da Xunta de Galicia.
Módulo V: organización e sistemas de información.
-O deseño organizativo, parámetros e variables.
-As partes da organización.
-As configuracións organizativas, en especial, a forma divisional.
-O procedemento administrativo: racionalización de procesos.
-A nova lexislación de procedemento administrativo: aspectos de xestión.
-Arquitecturas informáticas.
-Deseño funcional e deseño técnico.
Módulo VI: dirección por obxectivos e control de xestión.
-A metodoloxía da DPO.
-Alternativas para acadar unha metodoloxía máis adaptable ós servicios públicos.
Módulo VII: xestión do cambio e modernización administrativa.
-A Administración ó servicio do público: análise das novas tendencias.
-A modernización como proceso: estratexias.
-Os contidos da modernización administrativa.
-A reforma administrativa na Xunta de Galicia.
8459