Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 03 de xaneiro de 1996 Páx. 51

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 19 de decembro de 1995 pola que se designan tres vocais da comisión de selección dos participantes nos cursos para a obtención do diploma de directivo convocados mediante Resolución do 18 de decembro de 1995.

O artigo 6 do Decreto 294/1992, do 10 de setembro, modificado polo Decreto 1/1995, do 12 de xaneiro (DOG nº 9, do 13-1-1995) polo que se regula o diploma de directivo, establece que a comisión que efectúa a selección dos aspirantes que soliciten participar no curso para a obtención do citado diploma estará integrada, entre outros membros, por tres vocais designados polo conselleiro da Presidencia e Administración Pública. En virtude do anterior,

DISPOÑO:

Artigo único.-Designar vocais da comisión que levará a cabo a selección dos participantes nos cinco cursos para a obtención do diploma de directivo convocados mediante Resolución do 18 de decembro de 1995 ás seguintes persoas:

-Joaquín López-Rúa Soler, director xeral da Función Pública da Xunta de Galicia.

-Jaime Bouzada Romero, inspector xeral de Servicios da Xunta de Galicia.

-Rafael Urtasun Amann, director xeral-xefe da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

95-8467