Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 03 de xaneiro de 1996 Páx. 76

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación do artigo 4 dos estatutos da Asociación de Empleados de Notarías de Galicia.

En cumprimento do disposto na normativa legal vixente sobre depósito de estatutos de asociacións profesionais, e para os efectos previstos nela, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral presentouse o día 4 de decembro de 1995 certificación da reunión da xunta directiva da asociación celebrada o 10 de novembro de 1995, pola que se acorda a modificación do artigo 4 dos estatutos, referente ó traslado do domicilio da mencionada asociación.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

8279