Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 1996 Páx. 789

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 1996, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo, pola que se anuncia concurso público aberto, para a contratación da subministración de roupa e vestiario para 1996 (C.P. 1/1996).

O director-xerente do complexo hospitalario Juan Canalejo-Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 15 de setembro de 1994 (Diario Oficial de Galicia do 3 de outubre) sobre delegación de compencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo concurso público 1/1996 para a subministración de roupa e vestiario para o ano 1996, que a seguir se cita:

1. Servicio que adxudica o contrato: Complexo Hospitalario Juan Canalejo, Dirección de Xestión, Sección de Investimentos, As Xubias de Arriba, número 84, 15006-A Coruña, teléfono (981) 17 80 73, fax (981) 17 80 71.

2. Modalidade de adxudicación elixida: concurso público.

3. a) Lugar de entrega da subministración: Complexo Hospitalario Juan Canalejo.

b) Naturaleza e extensión das prestacións, características xerais da subministración: roupa e vestiario (véxanse no prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas).

Orzamento total: 51.420.000 ptas.

c) División por lotes: pode licitarse á totalidade ou por lotes (ver prego de cláusulas administrativas particulares e prego de prescricións técnicas).

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: un mes.

5. a) Obtención do prego de cláusulas administrativas particulares e dos documentos complementarios: dirección e servicio indicado no punto 1.

b) Data límite da solicitude: 11 de marzo.

6. a) Data límite de recepción de ofertas: 18 de marzo.

b) Enderezo ó que deben remitirse: dirección e servicio indicados no punto 1.

c) Idioma no que deben redactarse: galego ou castelán.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: o 29 de marzo de 1996, ás 10 horas, na dirección indicada no punto 1.

8. Fianzas e garantías esixidas: provisional, 2% (cláusulas 8.2 do prego de cláusulas administrativas particulares); definitiva, 4% (cláusula 12.2 do prego de cláusulas administrativas particulares).

9. Modalidades esenciais de financiamento e de pagamento: ver prego de cláusulas administrativas particulares (cláusula 14.2) e apartado 9 da folla de especificacións.

10. Forma xurídica que deberá asumi-la agrupación de contratistas a quen se lle adxudique o contrato: persoas naturais ou xurídicas que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a súa solvencia económica e financeira a teor do previsto na cláusula 7ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Condicións mínimas de carácter económico e técnico que debe satisface-lo contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares e folla de especificacións.

12. Prazo duranto o cal o licitador queda vinculado á súa oferta: tres meses desde a apertura de proposicións.

13. Criterios que serán empregados para adxudica-lo contrato: ver cláusula 10.1 do prego de cláusulas administrativas particulares e apartado 8º da folla de especificacións.

14. Outras informacións: dirección e servicios indicados no punto 1.

15. Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 24 de xaneiro.

16. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución en prensa e nos boletíns correrá a cargo do adxudicatario.

A Coruña, 8 de xaneiro de 1996.

Josep Santacreu Bonjoch

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo

372