Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 1996 Páx. 1.049

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 31 de xaneiro de 1996 pola que se dispón a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da extinción da fundación benéfico-docente Institución de la Sagrada Familia-Pardo Montenegro.

Visto o expediente de extinción da fundación benéfico-docente Institución de la Sagrada Familia-Pardo Montenegro, tramitado por este protectorado a instancia do padroado desa fundación.

Acreditado no expediente a imposibilidade de cumpri-los fins que esa institución viña desenvolvendo desde o inicio da súa actividade no ano 1929; o acordo de extinción adoptado validamente polo padroado da fundación; e a vontade da fundadora respecto ó destino dos bens fundacionais no suposto de disolución.

Esta consellería, de conformidade có disposto no artigo 39 do Regulamento de organización e fun

cionamento das fundacións de interese galego (Decreto 248/1992), pola presente,

RESOLVE:

Artigo 1º

Ratifica-la extinción da fundación Institución de la Sagrada Familia-Pardo Montenegro, acordada polo seu padroado o 28 de decembro de 1987, e conseguintemente dispoñe-la inscrición desta disolución no Rexistro de Fundacións, loga da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 2º

Declarar que os bens patrimoniais da citada fundación -por expresa vontade da fundadora Julia Pardo-Montenegro e Montenegro na súa carta fundacional, donde figuran tales bens- pasen a seren da plena propiedade dos seus herdeiros, segundo a forma que estableceu a fundadora na cláusula sétima, apartado P, daquela escritura pública, outorgada o día 10 de xullo de 1918 perante o notario de Madrid, Camilo Ávila y Fernández de Henestrosa.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 1996.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

95-0612