Ó amparo do disposto no capítulo II do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, Desarrollos Eólicos, S.A., con domicilio social na r/ Manuel Velasco Pardo, s/n Sevilla, 41007 Sevilla, solicitou a aprobación do plan eólico estratéxico denominado P.E.E. D.E.S.A., onde se recolle o programa de actuacións que se prevé desenvolver por un período de 7 anos, cun investimento global estimado de 40.563 millóns de pesetas.
Para os efectos previstos no apartado 2º do artigo 5 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, a solicitude presentada publicouse no DOG de data 18 de setembro de 1995 e BOE de data 21 de setembro de 1995, presentándose solicitudes en competencia por Endesa-Made, Sea West España S.A., Ecotecnia Sccl, Gamesa, Energía Eólica de Galicia, Parque Eólico de Galicia, Unión Fenosa Energías Especiales e Hidroener.
Considerando que no informe técnico realizado pola Dirección Xeral de Industria para a resolución da competencia presentada se seguiron os seguintes criterios de avaliación dos planes eólicos afectados:
-Planificación enerxética.
-Estudio contrastado dos datos eólicos existentes.
-Viabilidade económica dos plans.
-Aportación tecnolóxica e efectos industriais dos plans.
Considerando que a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia é competente para a aprobación do plan eólico estratéxico que se solicita, de acordo co Estatuto de autonomía de Galicia; o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, sobre asunción de competencias en materia de industria, enerxía e minas; o Decreto 209/1990, do 15 de marzo, en relación coa Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, e a proposta da Dirección Xeral de Industria,
RESOLVO:
Aproba-lo plan eólico estratéxico P.E.E. D.E.S.A. referido ás áreas recollidas no anexo I da presente resolución, cunha previsión de potencia de 283 MW.
A presente resolución implica o outorgamento do dereito de investigación nas áreas de referencia, así como o dereito preferente, nas citadas áreas, á autorización das instalacións de aproveitamento de enerxía eólica, conforme o sinalado no artigo 8 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo.
A aprobación do plan eólico estratéxico vincula á Administración e a Desarrollos Eólicos, S.A., sen prexuízo das futuras resolucións que se adopten para o suposto de non exerce-lo dereito preferente previsto no artigo 8 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.
A aprobación do plan eólico estratéxico outórgase conforme as seguintes condicións:
Primeira.-Desarrollos Eólicos, S.A. realizará a investigación de 9 áreas, cun investimento total de 203.000.000 de pesetas por área, e deberalle presentar un informe trimestral á Dirección Xeral de Industria dos datos obtidos nas áreas de investigación.
Segunda.-Desarrollos Eólicos, S.A. iniciará a execución do plan industrial en febreiro de 1996, e deberá executa-lo dito planeamento nas condicións sinaladas no anexo II da presente resolución, salvo imposibilidades técnicas ou causa de forza maior debidamente xustificada.
En calquera momento a Administración poderá solicita-a documentación que estime pertinente para verifica-lo cumprimento do establecido neste apartado.
Terceira.-A modificación do plan eólico estratéxico ou o incumprimento das condicións impostas nesta resolución e na autorización para montaxe das instalacións será causa de resolución da presente aprobación.
Sen embargo, se por alteración substancial das circunstancias ou por outras causas sobrevidas, non fose axeitado o mantemento dalgunha ou algunhas das ins
talacións previstas no plan eólico estratéxico que se aproba, a empresa poderá solicitar da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia:
1. Autorización para a modificación ou substitución das actuacións, sen alterar as restantes condicións do plan eólico estratéxico, que será outorgada pola Dirección Xeral de Industria, ou ben,
2. A aprobación dun novo plan eólico estratéxico para novas instalacións, se a importancia dos investimentos así o xustifican, tendo en conta sempre os dereitos que terceiros interesados poidan ter.
Cuarta.-Desarrollos Eólicos, S.A. poderá transferir en calquera momento os dereitos dimanantes da presente aprobación se conta coa autorización previa da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, subrogándose o novo titular en tódalas obrigas e dereitos do transmitente derivados do plan eólico aprobado.
Quinta.-A concesión outórgase sen prexuízo de terceiros e deixando a salvo os dereitos particulares.
Sexta.-Esta concesión outórgase sen prexuízo e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións de aproveitamento eólico.
Contra a presente resolución, que é definitiva na vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicación a esta consellería, conforme o establecido no artigo 57.2º da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, na súa nova redacción dada pola disposición adicional undécima da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 1996.
Antonio Couceiro Méndez
Conselleiro de Industria e Comercio
ANEXO I
DESARROLLOS EÓLICOS, S.A.
Nome Municipio Vértices
X-Lonx. W Y-Lat. N
G-1 Muxía 0.481.500 4.769.000 0.481.500 4.771.500 0.479.000 4.775.000 0.479.000 4.769.000
G-2/G-5 Muxía 0.475.500 4.762.500 0.483.000 4.762.500 0.483.000 4.760.000 0.479.000 4.769.000 0.479.000 4.767.500 0.475.500 4.767.500 0.475.500 4.762.500
G-3/G-16 Ponteceso 0.504.000 4.788.000 0.510.500 4.788.000
Nome Municipio Vértices
X-Lonx. W Y-Lat. N
Coristanco Santa Comba
Mazaricos
0.510.500 4.796.000 0.507.000 4.796.000 0.500.000 4.792.000
G-6/G-18 Zas, Santa Comba,
0.510.000 4.769.000 0.517.000 4.769.000 0.517.000 4.775.000 0.510.000 4.775.000
G-9/G-10 Coristanco, Cabana,
0.512.500 4.770.000 0.512.500 4.778.000 0.518.000 4.778.000 0.518.000 4.770.000
G-11/G-12 Dumbría,
0.492.000 4.756.000 0.492.000 4.761.500 0.497.000 4.761.500 0.497.000 4.756.000
G-17 Cabana, Zas 0.503.500 4.779.500 0.503.500 4.784.000 0.506.000 4.786.000 0.509.000 4.786.000 0.509.000 4.779.500
LU-04 Vilalba, Abadín 0.616.600 4.804.000 0.614.500 4.805.000 0.615.400 4.808.600 0.618.000 4.808.600 0.618.000 4.806.000
LU-05 Abadín, Vilalba 0.617.000 4.803.500 0.617.000 4.807.500 0.621.000 4.807.500 0.621.000 4.803.500
ANEXO II
DOCUMENTOS DE SÍNTESE
-Plan eólico extratéxico.
O plan eólico estratéxico terá unha duración de 7 anos e suporá un investimento global estimado de 40.563 millóns de ptas.
-Plan de Investigación eólica.
A empresa Desarrollos Eólicos, S.A. realizará a investigación de 9 áreas e fará un investimento total de 203.000.000 de ptas., alcanzando un investimento medio de 22.555.556 ptas./ano área.
Desarrollos Eólicos, S.A., usará como entidade colaboradora para a investigación a empresa galega Gestenga, e deberá presentar un informe trimestral á Consellería de Industria e Comercio dos datos obtidos nas áreas de investigación, salvagardándose a confidencialidade dos datos neles rexistrados.
-Plan industrial.
A empresa Desarollos Eólicos, S.A., desenvolverá o dito plan realizando as seguintes actuacións no referente a novas instalacións:
(M ptas.) de emprego construcción operación ud/ano (2) producción
Fábrica Localidade Investimento
Estimación
Inicio de
Data de
Producción
Edificación
Medios de
Pas (1) 18 200 30-45 Marzo 1996 Xullo 1996 480 Torres (1) 21 80 22-31 Febreiro 1996 Maio 1996 180 Ensamblaxe (1) 11 65 12-17 Abril 1996 Setembro 1996 180 Chasis (1) Febreiro 1996 Xullo 1996 180 Arm. Elec. (1) 7 20 10 Xuño 1996 180 Mantemento 100 65 90-100 Xullo 1996 Outubro 1996 Total 6 157 430 164-203
(1) O lugar definitivo das plantas de fabricación de compoñentes está por fixarse, existindo nestes momentos avanzadas negociacións con diversos propietarios de naves ubicadas en polígonos industriais situadas na provincia da Coruña, tales como o de Sabón ou o da Grela. Aínda cando non se cerrou ningún acordo ó respecto, parece razoable establece-lo compromiso, á vista dos terreos previstos no plan de investigación eólica, de que as ditas instalacións serán realizadas nesa provincia.
(2) O valor do investimento en edificios, a excepción da nave de mantemento, inclúe só as reformas e acondicionamentos necesarios, xa que non é intención de desarrollos eólicos nin das súas empresas subcontratistas realiza-la construcción de novas naves na rexión galega, senón antes ben utiliza-las instalacións existentes.
Así mesmo, a compañía Desarrollos Eólicos, S.A. realizará o 65,17 % como mínimo da fabricación do aeroxerador en Galicia, ben directamente mediante as súas propias fábricas, ou ben mediante subministradores galegos e/ou empresas implantadas en Galicia segundo se detalla na seguinte táboa-resumo:
aeroxerador investimento
total
Compoñente % sobre o
% sobre o
GaliciaPas 26,56 17,66 Torres 18,59 12,36 Mecanizados varios 1,14 0,76 Chasis 2,03 1,35 Armario eléctrico 7,33 4,87 Sistema de control 1,26 0,84 Capota e protector de buxa 1,71 1,14 Ensamblaxe 6,55 4,35 Total 65,17 43,33
Obra civil e enxeñería (A) 13,58 Infraestructura eléctrica (B) 14,30 Montaxe e transporte (C) 3,95 Subtotal A+B+C 31,80 % do investimento total en
75,13
Así mesmo, a porcentaxe total do investimento a realizar en Galicia, como mínimo, na que se inclúe: obra civil e enxeñería, infraestructura eléctrica e montaxe e transporte, é do 75,13%.
-Cronograma de actuación industrial.
Neste apartado exponse de maneira resumida o calendario de compras/producción que a empresa Desarrollos Eólicos, S.A. desenvolverá para acada-la porcentaxe de fabricación/subministración na Comunidade Autónoma de Galicia e que se indicou anteriormente.
de fabricación
en Galicia acumuladaMes/ano %
%
Compoñentes
anteriores
anteriores
anterioresMaio 1996 18,59 18,59 Pas Xuño 1996 7,33 25,92 Torres e anteriores Xuño 1996 1,26 27,18 Chasis e anteriores Xullo 1996 2,03 29,21 Armario eléctrico e
Xullo 1996 26,56 55,77 Sistema control e
Xullo 1996 1,71 57,48 Capota e anteriores Set. 1996 7,69 65,17 Ensamblaxe, mecanizado e
Total 65,17 65,17
596

