Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular desta consellería resolveu adxudica-los seguintes contratos:
-Servicios de cociña-comedor, limpeza e lavandería da Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol.
Adxudicatario: Grupo Serunión, S.A.
Orzamento: 12.736.163 ptas.
-Servicio de limpeza de: Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa, Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo e Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira.
Adxudicatario: Pedro Creo Barreiro.
Orzamento: 10.602.145 ptas.
-Servicio de vixilancia en: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo, Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa e Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol.
Adxudicatario: Gesegur.
Orzamento: 9.809.772 ptas.
En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase e advírtese que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 119 do regulamento.
Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 1996.
Ana Gallego Castro
Directora xeral de Formación Pesqueira e Investigación
638

