Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 1996 Páx. 1.136

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 6 de febreiro de 1996 polo que se fai público o nomeamento de diversos secretarios de xulgados da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do acordo adoptado no día de hoxe dimanante da comunicación da Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza de Galicia, sobre nomeamentos de secretarios en réxime de provisión temporal, que literalmente di:

«Data 5 de febreiro de 1996. Ministerio de Xustiza. Xerencia Territorial de Galicia. N/Rf. Secretarios de Provisión Temporal. Sr. Presidente do Tribunal

Superior de Xustiza de Galicia. Pazo de Xustiza, Pza. de Galicia, s/n, 15071 A Coruña.

Visto o acordo da Sala do Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da data citada, polo cal se nomean secretarios dos xulgados de primeira instancia e instrucción en réxime de provisión temporal que igualmente se citan.

Esta xerencia territorial en uso das atribucións que lle confire a orde ministerial do 26 de xuño de 1991 (BOE 28-6) e de conformidade co previsto no artigo 38 do Real decreto 429/1988, do 29 de abril, polo que se aproba o Regulamento orgánico do corpo de secretarios xudiciais, confirma os nomeamentos seguintes cos efectos previstos no apartado décimo primeiro da O.M. do 20 de xullo de 1995 (BOE do 21). Nomeamento acordo da Sala do Goberno de data 2-2-1996:

-Provincia da Coruña:

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira, Alicia Mateos Cortes.

-Provincia de Lugo:

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Mondoñedo, Regina María Peña Sangil.

-Provincia de Ourense:

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Bande, Agustín Gamote Álvarez.

-Provincia de Pontevedra:

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Marín, Ernesto Porras Pérez.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Marín, Luis Fernández-Arias González.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso ordinario ante o secretario xeral de Xustiza, no prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da súa notificación. O cal comunico para o seu coñecemento e demais efectos. Manuel Olmo Peláez. O xerente territorial».

Deberán tomar posesión dentro dos vinte días naturais contados desde o seguinte ó da data da publicación no DOG.

A Coruña, 6 de febreiro de 1996.

José Ramon Vázquez Sandes

Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273